Manuel María, profesional da palabra pero sen soldada

Este é o título da charla á que asistimos esta mañá na Biblioteca Municipal do IES de Porto do Son e que impartiu a pedagoga, profesora e escritora Concha Blanco. Explicounos o que supuxo e supón o Día das Letras Galegas e falounos con entusiasmo de Manuel María. Da súa vida; dos silencios que a represión sobre o uso da lingua galega provocou nel -e dos berros de denuncia-;  do que lle tería gustado estudar no canto das leis; da súa obra; da época difícil que lle tocou vivir…  e dos recoñecementos que recibiu e está a recibir.

Concha Blanco 1

Leu para nós o seu:

Carné de identidade
Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á súa terra e ao seu Deus.

Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,
cantor da Terra Chá que algúns din.
Cantor da terra chá que leva un
clavada nas entrañas, penso eu.

Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade.

Non teño máis tarefa:
son unha humilde folla que salaia
na noite escura movida polo vento.
Eu son Manuel María,
un son tan só, lonxano e feble.
Documentos personaes (1958)

De verso en verso, de anécdota en anécdota… fomos indo da súa man ata o un colofón poético que veu envolto nunha caixiña de música que seica veu de Bolonia!

Quedámonos con dúas recomendacións de lecturas que sumar nestes días ás do poeta de Outeiro de Rei: O tempo vital de Manuel María –un estudo de Camilo González Torres- e unha obra da propia Concha Blanco e María Canosa, Será correcto? – unha guía para o día a día para maiores e pequenos que parte da experiencia das aulas-.

PortadaOtempovital

9788494439667

No Mes de Manuel María

Andamos xa nos mes das Letras e as actividades arredor de Manuel María van enchendo as nosas aulas: lecturas, creación… Soubemos del pola rede e tamén pola exposición:

Manuel María exposición 2

Manuel María exposición

 

O venres  13o alumnado de 3º de ESO asistirá á charla de Concha Blanco Manuel María, profesional da palabra pero sen soldada.

E o 18 de maio:

cartel serafin

Con motivo das Letras Galegas o grupo de teatro de IES de Porto do Son vai presentar o próximo 19 de marzo na Casa de Cultura de Porto do Son a obra de Manuel María Farsa de Bululú . A esta primeira función asistirán, ademais dos rapaces e rapazas de 2º de ESO do noso centro, alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Leliadoura de Ribeira. É de agradecer o cartel anunciador de Fernando, o noso compañeiro do Departamento de Plástica!

//e.issuu.com/embed.html#1399044/35508359