As vacacións tamén poden ser un bo momento para ver as cousas con perspectiva…
– E por que non aproveito aquel traballo que me mandaron nas clases de lingua para presentalo a un certame literario?
– E se lle fago unha entrevista ao meu veciño, que ten moito que contar, e presento o resultado a ese concurso de novos xornalistas?
– E se chegou a hora de deixar que me lean todos eses poemas e relatos… que escribo na intimidade e acostumo a deixar baixo sete chaves ben pechadiños e ocultos?
– Anda, pero se aquí piden debuxos, fotografías e vídeos e eu teño unha chea deles?
A que agardades?
LITERATURA
XVIII Certame Literario Concello de Cambre 2011
- Poesía e narración breve
- Ámbito: alumnado de 12 a 14 anos (Categoría A), de 15 a 18 (Categoría B) e de 19 a 26 (Categoría C)
- Prazo: 28 de abril de 2011
- Premios: na Categoría A haberá un 1º premio de 230€ e un 2º de 170€ e na Categoría B un 1º premio de 290€ e un 2º de 200€
- Convocan: os Equipos de Normalización Lingüística e os Dptos. de Lingua Galega dos IES Afonso X e David Buján, as ANPAS e a Concellería de Cultura do Concello de Cambre
- Bases: páxina do IES David Buján de Cambre
V Certame de Poesía Xosé A. Barral
- Poesía
- Ámbito: alumnado de ESO e Bacharelato (dúas categorías)
- Prazo: 29 de abril de 2011
- Premios: dous premios de 125 € e diploma para o poema gañador de cada categoría
- Convoca: Biblioteca e Dpto. de Música do IES As Bizocas
- Bases: blogue Caderno de Lingua
VII Certame Literario “A Caramiña”
- Relatos Curtos de Intriga
- Ámbito: alumnado de 1º e 2º da ESO (Gamela), 3º e 4º da ESO (Dorna) e Bacharelato e ciclos (Paquebote) dos IES do Barbanza
- Prazo: 11 de maio de 2011
- Premios: un premio por categoría de 125€ (Gamela), 150€ (Dorna) e 180€ (Paquebote).
- Convoca: IES da Pobra do Caramiñal
- Bases: blogue da Biblioteca do IES Leliadoura (Ribeira)
V Certame de Poesía Xela Arias
- Poesía
- Ámbito: alumnado de 12 a 15 anos (Categoría A) e de 16 a 20 anos (Categoría B)
- Prazo: 27 de maio de 2011
- Premios: na Categoría A haberá un 1º premio de 150€ e un 2º de 100€ e na Categoría B un 1º premio de 200€, un 2º de 150€ e un 3º de 100€.
- Convoca: Equipo de Normalización Lingüísitica do IES A Sangriña da Guarda
- Bases: blogue Revolta da Freixa
PRENSA
VIII Concurso Escolar Mellor Xornalista Xuvenil (activo)
- Entrevista (maqueta)
- Ámbito: alumnado de educación secundaria
- Prazo: 30 de abril de 2011
- Premios: 1.º premio, un Ipad; 2.º premio, un MP5 de 8 GB; e 3.º premio, unha cámara de fotos dixital.
- Convoca: Programa Prensa-EScola da Voz de Galicia
- Bases: páxina do Programa Prensa-Escola ou, se che dá problemas, na páxina da Concellaría de Xuventude de Vigo.
EXPRESIÓN LIBRE
Concurso A túa casa
- Expresión libre (aberto a calquera tipo de expresión creativa, como redacción, debuxo e pintura, fotografía, vídeo, tecnoloxías de información… Poderán concursar alumnos e alumnas a título individual ou grupos.
- Ámbito: alumnado de 3º e 4º da ESO
- Prazo: 28 de abril de 2011
- Premios: o/a alumno/a gañador/a será premiado cun ordenador e un lote de libros; os finalistas cun lote de libros e un equipo portátil de audio; cada aula das persoas gañadoras cunha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia, na data que decida o centro; cada centro escolar cun equipo completo de Smart Board (encerado dixital); e o docente cun ordenador portátil.
- Convoca: Parlamento de Galicia
- Bases: páxina do Parlamento