Facendo monicreques para as contadas

Aquí estamos facendo os monicreques para as Contadas. Son o grupo de mozos e mozas de 3º de ESO que participarán este ano , boa parte deles do club de lectura! E claro, botamos man de dous dos espazos máis chulos do inst: a aula de xogos e o Espazo Maker. Van quedando ben feitiños: os lagartos, o rato, a ovella, a toupa, a abella…

CONTADAS NA PERSEVEIRA

26907779_1531133860335435_8269854201638102994_n

Xa temos aquí outra vez aos pequeniños do concello desexando escoitar os contos na sala perseveira!! Cun público tan entusiasta non hai quen se resista así que Sergio, Iria, María, Berni, Érika, Loreto, Soraya, Sara e Andrea puxeron todo da súa parte para que este día fora algo especial. Fixéronos cantar, bailar e contar algún que outro conto. Agardamos que voltedes o ano que vén!

contando cos nenos

artes escénicas (1)

Das "palabras máxicas" ás contadas na Perseveira!

Un ano máis. Van alá xa sete anos dende que comezaramos as contadas! Como pasa o tempo! Daquela  estivemos nos coles levando “as palabras máxicas”. Logo, cando Fernando creou cos seus alumnos e alumnas a SALA PERSEVEIRA pasamos a acoller os nenos e nenas de infantil dos coles do Concello no NOSO TEATRO. Pronto chegarán ao instituto  aqueles primeiros nenos e nenas. Quizais algúns deles se convirtan tamén en contadores de contos.  Son palabras máxicas que nos van unindo.

Pois iso, un ano máis, as contadas. Esta semana recibimos os centros de Caamaño, Seráns, San Pedro de Muro, Nebra, Baroña, Portosín, Xuño e, por vez primeira, o Santa Irene de Porto do Son.

Grazas aos rapaces e rapazas que, coordinados por Ánxela, a nosa compañeira do equipo de biblioteca, fan posible esta actividade!

De aquí nun ano, que din os vellos!

16105934_1165059253609566_8031530445158632964_n

 

 

Das “palabras máxicas” ás contadas na Perseveira!

Un ano máis. Van alá xa sete anos dende que comezaramos as contadas! Como pasa o tempo! Daquela  estivemos nos coles levando “as palabras máxicas”. Logo, cando Fernando creou cos seus alumnos e alumnas a SALA PERSEVEIRA pasamos a acoller os nenos e nenas de infantil dos coles do Concello no NOSO TEATRO. Pronto chegarán ao instituto  aqueles primeiros nenos e nenas. Quizais algúns deles se convirtan tamén en contadores de contos.  Son palabras máxicas que nos van unindo.

Pois iso, un ano máis, as contadas. Esta semana recibimos os centros de Caamaño, Seráns, San Pedro de Muro, Nebra, Baroña, Portosín, Xuño e, por vez primeira, o Santa Irene de Porto do Son.

Grazas aos rapaces e rapazas que, coordinados por Ánxela, a nosa compañeira do equipo de biblioteca, fan posible esta actividade!

De aquí nun ano, que din os vellos!

16105934_1165059253609566_8031530445158632964_n

dav
dav

unnamed (1)

unnamed

 

 

Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

Neste último trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato andou enredado na lectura de dúas obras que acaen ben neste Mes das Letras: Instrucións para tomar café, de Núñez Singala e Made in Galiza de Séchu Sende.

 

Instrucions_para_tomar_cafe

Made_in_Galiza
?????????????????????????????????????????????????????????

Polo que dixeron, disfrutaron destas lecturas que nos levan a camiñar arredor de nós, a pensar e a pensarnos cunha boa dose de humor: a fala, a identidade, a sociedade que construímos e que estamos a tempo de mudar. Os dous narradores aguillóannos como pobo mediante a palabra. E é a palabra a que tomaron! Ocupamos unha vez máis a Sala Perseveira para as nosas CONTADAS! Adaptamos, recitamos, escenificamos…! Nubes, palabras buscando donos, Castelao queixándose nunha ouigha dende o máis alá,  avoas procurando un paracaídas para fuxir, botellóns nos que tatabexar verdades, prescicións para o uso do galego , madrileños asombrados pola progresiva desaparición do castelán…!

P1030998

P1040009

 

 

Pachín, pachín, pachán…!

Un ano máis Ánxela e os mozos e mozas do seu grupo de teatro tráennos as CONTADAS. Onte estiveron na Sala Perseveira os nenos e nenas pequenos dos coles de Portosín e Xuño, hoxe, os de  Campanario, Nebra, Caamaño, Carballosa e Seráns.

Desta volta escoitamos os contos de Garavanciño que cantaba “pachín, pachín, pachán…”; dun flautista que limpa de ratos Hamelín a ritmo de “Rianxeira”; dunha ovelliña que quería cear co lobo; dun caldiño que o coello branco non daba cociñado por culpa da cabra cabresa; dun príncipe que se converte en ra; dunha princesa que estaba tremendamente aburrida coa vida de palacio… Eles riron con nós e nós coas ocorrencias deles: “ese conto cóntamo a miña avoa Carmucha”, “o peor foi o do bico!”, “a min ghustoume o do lobo e a ovelliña!”.

Perseveira 5

Perseveira 4

Perseveira 3

Perseveira 2

Perseveira 6

Perseveira 7

As profas e os profes dinnos que os “maiores” coméntanlles aos novos de infantil o ben que o pasaron nas anteriores “contadas” co Galo Mirindolo, coa eiruga, a toupiña…

Diso se trata, de espertar o gusto polos contos e de atopar pracer en escoitalos e en contalos! Quedamos na Perseveira de novo no vindeiro curso!

Moitas grazas a Sara, Sophía, Gonzalo, Ana, Alba, Ricardo, José, Tamara, Álvaro, Manuela, Nerea e a Ánxela e, por suposto, a todos os nenos e nenas por vir!

Perseveira 1

 

 

Novas Contadas na Sala Perseveira

Un ano máis, os pequenos de infantil dos coles de Portosín, Xuño, Campanario, Nebra, Seráns, Carballosa e Caamaño disfrutaron coas Contadas na Sala Perseveira, que está xa a converterse nunha referencia tamén fóra do centro (“Eu xa coñezo a Sala Perseveira, vin o ano pasado para os contos” dicía un dos nenos).

É unha máis das actividades de dinamización da lectura que coordinamos dende a nosa biblioteca, no marco da colaboración cos colexios do concello.

O noso pequeno-gran teatro acolleu nestes días unha vaca que poñía ovos, un anano saltareiro, un príncipe algo rariño, toupas, tartarugas, elefantas…

P1030137 - copia

Ana, Antía, Manuela, Chaima, Suso, Tamara e  Sophía  son as novas caras e voces das nosas contadas. Dirixidos por Ánxela, fixeron posible que, unha vez maís, puidésemos festexar o pracer de ler, contar e escoitar contos! Moito llelo agradecemos dende o equipo de biblioteca! De hoxe nun ano!

P1030153 - copia

 

 

De novo as Palabras Máxicas na Sala Perseveira

Un ano máis, no marco das actividades de colaboración cos centros de ensino do concello coordinadas polo equipo de biblioteca, as Palabras Máxicas encheron a Sala Perseveira. Natalia Agraso, Sara Balvís, Xoán Fernández, Óscar Gaciño, Ángel González, Natalia Mayán, Antía Piñeiro e María Santiago dirixidos pola porfesora Ánxela Doval dramatizaron contos para os nenos e nenas máis pequenos dos centros de  Campanario, Carballosa, Nebra, Portosín, Seráns e Xuño. Case afundidos nas butacas desta singular sala, estes souberon “a que sabe a lúa” e por que a ra Frank “quería voar”. Viron unha vaca que puxo un ovo. Axudaron á toupiña a procurar quen lle “fixera aquilo na cabeza” e coñeceron á “elefanta Marta” e a unha “eiruga larpeira”. Mesmo houbo algún deles que saíu a escena e tamén nos quixo contar…!

DSC09261

DSC_0037

DSC_0051

Contadas na Sala Perseveira

Xa coñecedes a Sala Perseveira, o espazo que creou para nós Fernando xunto cos seus alumnos de 4ºD. Pois agora toca aproveitalo! E a cousa vai de CONTADAS!

    Contando coa disponibilidade desta Sala o equipo de biblioteca trouxo ao instituto unha das actividades que viñamos facendo nos colexios do concello: as contadas para os nenos de infantil dos centros que colaboran co equipo de biblioteca na elaboración das guías de lectura, realizadas o 23 e hoxe, 29 de maio. A nosa compañeira Ánxela Dovál, dirixiu a un pequeno grupo de alumnos voluntarios- Rosa, Ángel, Antía Vidal, Cristina, Leticia, Óscar, Rocío e Alba – para ofrecelles unha horiña de contos no cole dos maiores. Galiñas, ovellas e lobos, un coello nun souto escuro, unha toupa a querer saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha eiruga transformada en bolboreta… Visitaron a biblioteca e logo baixaron guiadiños agarrados ao pasamáns, descendo pouquiño a pouco as escaleiras baixo a atenta mirada das profes. Pasaron os cortinóns e, sentadiños nas butacas, escoitaron e participaron dunha nova celebración da lectura.  

Os alumnos de 4º de ESO A, B e C contaron tamén esta semana aos seus compañeiros os relatos da obra de Cunqueiro Os outros feirantes, que están a ler para a materia de lingua galega. Despois de ter traballado ao longo do curso a técnica do relato, tiveron que enfrontarse a un público. Todos houberon de superar os nervios, mais, enfrontáronse á situación e, como non, o espazo axuda: o escenario, as butacas, a ambientación… Algúns mellor ca outros – mesmo nalgúns casos eu diría que bastante ben para ser a primeira vez- foron recreando ante nós o fabulario do autor mindoniense. Houbo quen chegou a transformarse en personaxe do texto, aplicando un dos recursos propios do relato oral tradicional, característico da narrativa do autor. Diso se trataba, de re-crear de facer de seu o que pertence ao pobo.

María Maneiro, optou por unha forma diferente de interpretar a Cunqueiro e empregou os recursos gráficos que ofrece a rede para achegarnos a súa versión de “María a Peneireira”. Un recurso ben interesante que habemos aproveitar para outras lecturas.