Azucre

Título doce para unha novela amarga. O libro de Bibiana Candía está baseado en feitos reais que ocorreron no século XIX, cando se trasladaron a Cuba a máis de mil galegos para traballar en condicións de escravitude nas plantacións de caña de azucre. Estos feitos, descoñecidos para a maior parte do público, aparecen descritos nas cartas que enviaban aos familiares pedindo axuda. A escritora fai un relato trepidante, con frases moi curtas, que nos trasladan a esa viaxe en barco en condicións infrahumanas e a posterior escravitude nas facendas de azucre. Gustou esta lectura aos membros do club de lectura Fraga de Novio. Voltamos en maio con Emma Pedreira.

Advertisement

La neblina del ayer

Despois de tantos meses, por fin nos puidemos reunir presencialmente na xuntanza do club de lectura de adultos, e desde logo, cumprindo co número máximo de persoas permitidas, e con todas as medidas de seguridade.

E como ler é a maior parte das veces viaxar, ata a Cuba de principio do século XXI nos fomos co libro La neblina del ayer, de Leonardo Padura. Este libro constitúe o sexto capítulo dunha serie coa mesma personaxe principal, Mario Conde, expolicía na cidade da Habana. O libro ten certos tintes de novela negra, levándonos aos barrios máis perigosos da cidade, onde existe un submundo que ao propio protagonista lle asombra a súa existencia.

A realidade cubana da “gran crise” aparece con toda a súa crudeza. E entre tanta penuria, viaxase ao pasado con certa nostalxia para revivir o explendor da Cuba dos anos 50, da súa vida nocturna, dos boleiros,…

Retornamos a Galicia na última lectura deste curso con Francisco X. Fernández Naval e O bosque das antas.