Descoñecidos

Despois de case dous meses de parón retomamos o club de lectura dos Furalibros cunha novela chamada Desconocidos, de David Lozano. Non foi a lectura que máis lles gustou aos membros do club, pero desde logo esta novela de intriga deunos materia para poñernos a falar sobre o uso que facemos das redes sociais, e sobre todo, do seu mal uso.

Queda pouco para o final do curso, así que tentaremos alimentar a alma e o estómago deste grupo tan xeitoso de mozas e mozos nas vindeiras xuntanzas.

Advertisement

O escritor David Lozano estivo na nosa biblioteca

Este pasado xoves, 18 de febreiro, o escritor David Lozano acudiu ao encontro dos rapaces e rapazas de Segundo da ESO, que leron o seu libro Donde surgen las sombras para as aulas de Lingua Castelá.

Durante unha hora achegou ao alumnado as súas reflexións sobre o oficio da escrita, a súa traxectoria literaria, o labor de documentación que ten que facer todo autor para desenvolver de maneira verosímil as súas historias ou a estrutura das novelas de intriga, entre outros aspectos. Finalmente, tivo lugar unha animada charla na que os alumnos quixeron coñecer máis polo miúdo a novela: os seus personaxes, o papel da ficción e da realidade na súa construción, o papel de internet e dos videoxogos, etc.

Vinte Dez, a canle de TV en liña do IES Porto do Son, estivo con David Lozano, que  conversou animadamente  coas nosas magníficas xornalistas Olalla Rdez. Vidal (2º B) e Sara Agraso (2º C), que fixeron un grande traballo.

david lozano from SonCine on Vimeo.