Escribir na multitude, de Martín Veiga

610_proOnte á tardiña, na Casa de Cultura de Noia, o noso compañeiro David Pérez,  Luís Avilés e Clodio González, acompañaron o poeta, profesor, e investigador noiés afincado en Dublín, Martín Veiga, na presentación do seu libro Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos. Publicada pola editorial Toxosoutos, vén ser unha obra imprescindible para aqueles que queiran afondar na traxectoria vital e literaria de Avilés.

Exquisita no deseño, esixente e lúcida no contido, é, segundo o autor, resultado “dunha obriga feliz”. Son estas palabras recollidas ao fío das intervencións de Luís Avilés e David, que insistiron nos sentimentos de amizade e familiaridade que unían a Antón e a Martín, nun diálogo frutífero de afectos e literaturas entre xeracións. O mestre e o poeta novo. Agora, a colleita.

10672344_830481770349789_428665174853579790_n

Aprender a mirar

Aprender a mirar, a contar, a ser crítico, a crear conciencia… SonCine.

Docencia de David nas Xornadas EscolaTIC 2014 que tiveron lugar o 21 e 22 de marzo de 2014 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela: