8 de marzo coas profas dos institutos de Noia

Boa parte das profesoras do equipo de biblio e algunhas compañeiras do centro xuntámonos o 8 de marzo coas compañeiras do Virxe do Mar e o IES do Campo de San Alberto. Foi fermoso. Outras mulleres foron uníndose a nós. Si, foi fermoso. Os cantos, tan necesarios, acompañáronnos.

virxe-do-mar-1.jpg

Seguimos facendo “cordada”: a mulleres contando!

Tere, a nosa compañeira do equipo de biblio, vén de montar esta presentación a partir da exposición “Día da Muller: contando facemos cordada”. Un agasallo para todas as palabras coas que a acompaña:

Volver a comenzar, Luz Casal

Como eu canto, SES

 

 Unha aperta a todas as mulleres que forman parte da comunidade educativa do noso IES. Grazas por axudarmos a que cada día sexa máis limpo, máis doado, máis rico….

 

Día da Muller: contando facemos cordada


Cordada
Vaise achegando o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Como cada ano, a MULLER toma protagonismo no tema interdisciplinar. Desta volta, coa COMUNICACIÓN, son as mulleres as que contan para “facer cordada”: editoras, escritoras, ilustradoras, xornalistas… Hai moito que contar e, aínda que non sempre sexa fácil, aí estamos. Esa cordada que parte de “A voz das amigas”, de Yolanda Castaño e cantada con ritmo tradicional por Leilía (podedes escoitala no minuto 1:53), “elas que saben que o efémero permanece”, como día o poema de Ana Romaní “Camiñan descalzas polas rochas”.

A voz das amigas

Acompañan a exposición unha selección de libros de mulleres que nos convidan a “ser xograresas”!!!

sdr
sdr

MaOs, documentarios sobre mulleres galegas

De novo, un imprescindible recurso que nos ofrece MaOs, a cooperativa galega de innovación social da que xa vos demos conta hai uns días, para o Día da Muller, un repositorio con múltiples e interesantes recursos sobre mulleres galegas. Hai abondo para ler, ver, ensinar…

Sin título

 

 

8 de marzo, Día da Muller Traballadora. Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade

De Seique e Aquiltadas ao Soño dunha noite de verándesta revisión dun clásico en clave de Muller, a unha muller que quixemos recuperar das “augas thumb_315_marujamallo_01da invisibilidade”. Xa que andamos enredados no tema da auga, quixemos volver a mirada a Maruxa Mallo, esta artista que, vestida de mar, se nos ofrece a través da súa pintura como unha muller libre, avanzada ao seu tempo. Libre. Tan libre que a súa liberdade a levou á invisibilidade. A que fora recoñecida por grandes pintores e intelectuais no tempo do espertar de comezos do XX, no tempo da República, ficou no esquecemento da longa noite de pedra. Mais non recibiu tampouco, ao chegar a democracia, o recoñecemento debido. Este ano adícaselle o Día das Artes, de aí que dende o equipo de biblioteca decidísemos mostrala ao noso alumnado e achegarlle a súa obra.

Na exposición Maruxa Mallo: nas augas da invisibilidade, recollemos a súa traxectoria vital, a súa evolución artística e as súas obras máis destacadas, que recompilamos nunha presentación que estes días, nos recreos, nos “pasea” pola súa pintura a ritmo de Alaska, esa música reivindicativa da “movida” dos 80 que tanto gustaba á Maruxa que, na súa vellez, seguía sendo rompedora e libre.

dav
dav
dav
dav
dav
dav

 

dav
dav

Non queremos deixar de agradecer á Deputación os exemplares que nos enviaron sobre a vida e a obra da autora e que nos han de ser moi útiles nas aulas:

dav
dav

E, por suposto, o traballo tan fermoso que Silvia e María, Carmen, Cristina e Lola nos achegaron para a exposición, unha interpretación artísitica a partir da pintora galega. Silvia, como Maruxa, “píntanos” un retrato:

dav
dav
dav
dav

 

dav
dav
dav
dav

Convidámosvos, ao ritmo de “A quien le importa”, a coñecer a súa obra. Seguro que, dalgún xeito, andaría ben fachendosa entre nós hoxe sumándose ao Paro Internacional de Mulleres:

dav
dav

_MG_5802

_MG_5861

Ser, mirar, escoitar: a muller e o patrimonio

Da man das fotógrafas Ruth Mathilda Anderson e Cristina García Rodero, e a musicóloga Dorothé Schubarth, conmemoramos o 8 de marzo. Como vén sendo habitual nos últimos proxectos interdisciplinares do centro –o mar, a astronomía, o teatro-, achegamos o obxectivo da nosa “cámara” á MULLER. Nesta ocasión, escollemos a mirada destas mulleres non galegas que souberon afondar no tema que nos ocupa este ano: O NOSO PATRIMONIO.

Recollemos o envío de todas aquelas avoas e nais que o mantiveron vivo.

Ruth Mathilda Anderson,  dialoga nas súas fotografías coas de Cristina García Rodero ata tal punto que  en certas imaxes, separadas case por un século, o tempo semella non ter pasado. O mesmo acontece coas cantigas que Dorothé Schubarth -xunto con Antón Santamarina-recompilou no Cancioneiro Popular Galego editado pola Fundación Barrié, pois nos cantos recollidos récollese un vivir aínda intuído, mais en perigo de ser absorbido por un mundo globalizado que tende á uniformización e que destrúe o saber popular.

P1030233

Esta mostra do seu labor é a nosa homenaxe no Día da Muller, a celebración de todas aquelas mulleres que ao longo da historia miraron, escoitaron e foron. Que construíron. Que recolleron e transmitiron. Unha “Voz das amigas“que soubo glosar Yolanda Castaño para Leilía:

Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?
Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miñMareaa camarada.

(…)

Mostramos tamén unha selección de fotografías antigas de mulleres traballadoras do concello de Porto do Son cedidas polo Museo Marea. En palabras de Ana Romaní, “mulleres de sal (…) que tecen tesouros de auga cada noite contra a historia”.

Con todo, conscientes da necesidade de revisar o suposto “matriarcado galego”, non queremos rematar sen traervos ao blog un dos poemas de Moda galega de María Reimóndez que acompaña a mostra:

Ar.
Esa doce palabra galega
a través da cal
os galeguistas e poetas
describiron a sociedade
tradicional galega,
matriarcal,
din eles,
onde as mais
(que non as mulleres)
tiñan un posto social crucial.
Así se lle debe chamar
en termos galeguistas
a traballar nas leiras,
traballar na casa, parir,
estudiar ós fillos (só eles)
e non ter opción a nada,
se cadra a unha malleira opcional
ou unhas pernas cabras de lareira
último modelo.
Mágoa que para unha sociedade
tan matriarcal
só saibamos dela
a través dos homes
porque, malia o seu “posto social crucial”,
esas mulleres matriarcais
(¡que estraño!)
só deixaron aparente silencio.
Agora,
con estes vestidiños axustados
de Ar
pregúntome
ata cándo teremos que seguir
desaprendendo
as falacias do pasado.

Para “desaprender falacias do pasado”, que mellor que o Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega.

 

8 de marzo: Día da Muller Traballadora

Un ano máis, segue a ser necesaria, obrigada, a reflexión sobre o papel da muller na nosa sociedade. Un ano máis, as actividades en
torno ao Día da Muller Traballadora afondan na concienciación dos mozos e mozas.

O malva foi escollido entre as profesoras e alumnas do centro para lembrar a data e o compromiso.



A biblioteca veu sendo estes últimos días lugar de traballo para o alumnado de 3º de ESO, que, coordinado por Carme Mecía, elaborou o mural e a exposición que ambienta os corredores e a entrada do centro: Reflexións sobre as mulleres onte e hoxe. Recompilaron datos sobre a discriminación, a igualdade e a desigualdade, os dereitos cumpridos e non cumpridos, a publicidade, o pensamento… As imaxes dalgunhas daquelas mulleres que loitaron pola igualdade únense para forma un grande cartel, nunha homenaxe compartida.

Silvia e Rosalía, coa súa profesora Teresa, fixeron tamén un cartel para conmemorar o día:

Dúas presentacións elaboradas polas compañeiras do equipo de biblioteca, Ánxela e Marga, As mulleres na historia e As mulleres na astronomía foron atraendo as nosas miradas ao longo das xornadas do xoves e o venres.

Na biblioteca, Aurora Marco, profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na USC, achegou ao alumnado de 4º de ESO a represión sufrida polas mulleres durante o franquismo.  O documental que o seu fillo, Pablo Ces, elaborou a partir das súas investigacións, As silenciadas  –de Mister Misto Films e Premio Mestre Mateo no 2012-, deu pé ao debate. Non é só recuperar a memoria, é facelo dende unha óptica femenina, tantas veces “silenciada”. Podedes atopar o documental na biblioteca ou velo aquí.

       

Na Sala Perseveira as alumnas e alumnos de arte expuxeron as súas presentacións sobre A muller e a arte.

O salón de actos encheouse de música e palabra. Pablo Sax e os nosos compañeiros Isidoro, César e Carlos, acompañados por Yoana, puxeron as notas que acompañaban os textos que leron Lucía Rodríguez, Paula, Uxía e Lucía Rego. Déixovos unha parte deles:

“Non pode faltar hoxe un recordo para todas mulleres que sofren nalgún lugar do noso planeta. E, sobre todo, para as nenas que aínda nacen cada día co seu futuro comprometido polo feito de selo: discriminación, analfabetismo, prohibición, dominación, posesión, explotación, vexación, ablación, matrimonios concertados, prostitución, violación…

2103. Nunca tanto como nestes últimos tempos de retroceso en moitos dereitos que pensabamos xa adquiridos, cómpre renovar ánimos e esforzos para seguir loitando por conseguir que homes e mulleres, mulleres e homes sexamos considerados  persoas, independentemente do noso sexo.

A vós – os mozos e mozas que escoitades- cómprevos poñer en marcha os medios necesarios para levar a cabo a vosa propia loita co obxectivo de contribuír a un mundo mellor. Este será unha das mellores metas á que dirixir os vosos estudos e coñecementos”.

 

 

Música para os Dereitos da Muller

            O día 8 de marzo, recordando o Día da Muller, levouse a cabo no Salón de   Actos do IES de Porto do Son un pequeno acto conmemorativo no que dúas alumnas de 2º de bacharelato e outra do Ciclo formativo leron distintos artigos da Declaración dos dereitos da muller e da cidadá que Olimpia de Gouges(1748 – 1793) redactou en 1791, na que reclama para a muller os mesmos dereitos que a Declaración dos Dereitos do home e do Cidadán recoñecía exclusivamente para o home en 1789, sinalando ademais que “a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas dos males públicos e da corrupción dos gobernos” . “A muller nace libre e permanece igual ó home en dereitos. As distincións sociais só poden estar fundadas na utilidade común” (artigo primeiro).

      A lectura deste e outros textos foron arroupados pola actuación duns membros do claustro    de profesores que interpretaron distintos temas de jazz e bossa nova:  Misty, Fly me to de moon, Poor butterfly e Desafinado, clásicos que  puxeron a nota de cor ás  reivindicacións que  fixeron as  mulleres  loitadoras francesas  e que abriron o camiño ata hoxe.

        “Muller, desperta; o rebato da razón faise oír en todo o universo;    recoñece os teus dereitos. O potente imperio da natureza deixou de estar rodeado de prexuízos, fanatismo, superstición e mentiras. A antorcha da verdade disipou todas as nubes da necidade e a usurpación” (Epílogo)

 

 

 

Letras de muller para un 8 de marzo na Biblioteca

Textos de Chus Pato, Ana Romaní, Xohana Torres… lidos por alumnas e profesoras do IES de Porto do Son. Unha actividade organizada pola Biblioteca do IES polo Día da Muller Traballadora recollida polas cámaras de Vinte Son TV.

8 de marzo from SonCine on Vimeo.