23 de abril de 2020, tempo de… Compartir!

O equipo de biblio sumouse, con ilusión, á proposta do equipo directivo de participar nun vídeo compartindo as nosas lecturas, os nosos espazos para ler nestes días estraños. O ruxerruxe que sementou Ana Dapena foi tirando de nós, das mozas, dos mozos, do profesorado, de nais e pais…

Velaí van, por aquí, por Instagram, polo Facebook, por Whatsapp, as nosas fiestras ao mundo, os camiños que estes días, a través dos libros, nos levan máis alá!

Para todas e todos vós, neste 23 de abril de 2020! Entra, aquí: Compartir 

 

 

4º ESO A, lendo en familia dende o confinamento!

Loli, a nosa compañeira do equipo de biblio, propuxo ao alumnado da súa titoría ler, ler en familia, gravalo e… aquí temos as voces, as caras, os sorrisos! Mesmo a dun irmán que está ben lonxe!

Parabéns!!! Seguimos celebrando o DÍA DO LIBRO!!! 

Entra aquí para velo: Ler en familia dende o confinamento.

 

Ler en tempo de confinamento! Día do Libro, 23 de abril de 2020!

Levabamos un mes en “shok”! O covid-19 meteuse nas nosas vidas, nos abrazos, nos bicos, nos paseos, nos xogos… Pero hai un lugar onde non está: nos libros!!! O ruxerruxe de compañeiros e compañeiras e da rapazada  e o equipo de biblio colleu carreira de novo porque imos celebrar: O DÍA DO LIBRO!!!!

Van aí recomendancións de lecturas e recursos que nos consolan e nos lembran que a vida segue aí!

O primeiro, Galicia Le, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que nos dá acceso libre aos seus catálogos só con rexistrarse aquí:

2. Gálix ofrécenos  “Recursos abertos con moita LIX” (contos, concursos, libros para descargar, tradición oral, radio, pódcasts, etc. Todo o que se move por aquí).

Entre todo o chulo que recomendan, a nós encántanos a Pandemia de contos, para disfrutalos grandes e pequenos:

Bibliotecas desas que levan moitos anos traballando pola lectura,  como a de Oleiros, que nos contan do Día do Libro e por que Kuala Lumpur é a Capiltal Mundial do libro:

 

A sempre querida Biblioteca Ánxel Casal que nos achega recomendacións dende a casa:

Audiolibros da Biblioteca Cervantes:

Banco de relatos sonoros, “Nosotros te leemos” da Rede de Bibliotecas de Lorca:

Da Biblioteca do Congreso, da BNC aos teus ouvidos, pódcasts con poemas, contos… para toda a familia:

E, por suposto, TODAS AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS que seguen CELEBRANDO A LECTURA!