Investigando sobre o Día do Libro 2020 e a LIX

Na materia de ITI investigamos poñendo en práctica o aprendido. No Día do Libro propuxemos unha tarefa de para aprender por que se celebra o Día do Libro, a que país se adica este ano, que é iso da LIX, quen a promove…

Estes foron algúns dos libros que recomendaron na última cuestión:

Tanis I o Mocos de Lourenzo González (Fabián)

A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly (Hugo)

After de Anna Tod (Carla)

“Vai de mar” e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro

No Día do Libro Infantil e Xuvenil no que se conmemora o nacemento de Hans Cristian Andersen, inauguramos, na Casa de Cultura do Concello de Porto do Son, a exposición “VAI DE MAR e o Álbum Ilustrado”, que permanecerá aberta ao público ata o 21 de abril.

A mostra enmárcase nas actividades de promoción da lectura que, coordinadas polo  equipo de biblioteca do IES, se veñen desenvolvendo en colaboración cos centros de ensino do Concello e a Biblioteca Pública Municipal. Dende a entrada da nosa biblioteca no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, este foi un dos nosos obxectivos, saír do centro ao entorno, dirixirnos e implicar neste labor á sociedade.

Se o abril pasado achegabamos á comunidade educativa o mundo do cómic, este ano pretendemos poñer en valor un xénero que nos apaixona, un xénero que trascende o ámbito do público infantil e xuvenil e que engaiola tamén aos adultos: o álbum ilustrado.

“VAI DE MAR”  é unha exposición que recolle os traballos de 17 ilustradores e ilustradores destacados do panorama galego, como Miguelanxo Prado, Irene Fra, Manuel Huía, Pepe Carreiro, Ánxeles Ferrer, Xosé Cobas… Artistas de recoñecemento internacional. GÁLIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil cedeunos a mostra que estivo presente, por exemplo,  no III Congreso Ibérico de Literatura Infantil e Xuvenil e no Salón do Libro. É un acompañamento perfecto para os álbums que queremos compartir con vós.

O álbum ilustrado está a ser un dos xéneros destacados na literatura, pois une dous aspectos primordiais para o lector: a calidade do texto e a da ilustración. Presentámosvos publicacións e traducións ao galego e ao castelán de editoriais como OQO, Kalandraka, Edelvives, Bárbara Fiori,  El Jinete Azul… Os seus nomes son un referente na Literatura Infantil e Xuvenil, asociados a ilustradores galegos enriba citados e a outros nomes recoñecidos no ámbito internacional como Benjamin Lamcobe, Shaun Tan, Innocenti, Rebecca Drautremer ou Jimmy Liao. Pudeira parecer que os textos están destinados exclusivamente ao público infantil e xuvenil, mais este é un xénero que transcende o mundo da infancia e engaiola aos adultos. Como docentes, somos conscientes do valor que a calidade na ilustración ten na educación do gusto pola lectura.

Non menos relevantes, son os traballos dos alumnos que aquí podedes ver: ilustracións de contos, versións, recreacións, mesmo traducións acompañados sempre da imaxe creada polos rapaces e rapazas, de riqueza e variedade na técnica. Neste caso, todos os que mostramos pertencen ao alumnado do CEIP de Xuño.

 A mostra será visitada por unha boa parte do alumnado do concello. Para o seu aproveitamento elaborouse unha unidade didáctica que será empregada nas distintas sesións.

Aquí vos deixo o vídeo emitido por TV27 Barbanza:

http://27tv.es//components/com_contushdvideoshare/hdflvplayer/hdplayer.swf

Detrás destas iniciativas hai moitas horas de esforzo do profesorado,  horas non lectivas, non remuneradas, mesmo con frecuencia non recoñecidas. Iniciativas coma esta só poderán ser posibles se a sociedade e as autoridades valoran o traballo realizado.

Se hai un ámbito onde os recursos materiais e humanos non deberían diminuír é xustamente no ensino.

"Vai de mar" e o Álbum Ilustrado no Mes do Libro