Serafín Marcos volve nas Letras

Neste maio, o patio transformouse en escenario. Fóra, coa caloriña da primavera das Letras, volveu Serafín Marcos ao centro. Tróuxonos a Xela, e a Carballo Calero

Xela, nena, un premio; Xela moza, a rebeldía; Xela escritora e as “mans para apañar o mundo” e a poesía na que todo cabe – tigres, cabalos, daríos, pescadas, leitugas… E non posuír “máis silencio ca min mesma”.

Carballo, inevitable remoer a perda da oportunidade para repensar o idioma.

Gañador@s do concurso Luís Seoane, cor e mais palabra

Onte, no marco do Día das Letras Galegas, entregamos na biblioteca os premios do concurso Luís Seoane, cor e mais palabra, convocado polo Equipo de Dinanización da Lingua Galega e a biblioteca. Sebastián, María, Mariña, Helena e Adriana recolleron os agasallos: cómics en galego. Segundo o xurado, a escolla non foi nada sinxela. Moitos dos poemas aportaron palabra á cor dos cadros de Seoane. Sen dúbida, no noso centro, celebramos a Seoane (mesmo máis que algúns organismos públicos que terían que telo feito, cando menos este ano); a visita á exposición realizada dede a biblioteca foi unha das actividades da Semana Cultural .

Adicámosllo a Fraguas. El e Seoane loitaron por manter a identidade de Galicia!

Parabéns a tod@s por participaren e, en especial, aos gañadores (por certo, seguimos tendo moita máis participación feminina!!! Mozos, espabilade!).

 

Facendo eco das “PALABRAS DO DÍA”

Andamos co tema da Comunicación e o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca decidiron espallar palabras, en concreto as “Palabras do día” que a Real Academia Galega e a Fundación Barrié nos ofrecen cada día no seu Portal das Palabras:

Sin título

Pois nós usamos tamén un “portal”, o taboleiro da porta do IES para sementar palabras que han de medrar!

Sin título

 

SonMemoria: a memoria das imaxes

Sonmemoria

Foron chegando aos poucos os traballos do alumnado de Lingua Galega. Propuxémoslles buscar polas casas unha imaxe antiga e a partir dela falar cos seus avós, cos parentes de máis idade, cos pais e nais… Pretendiamos que das conversas xurdira a memoria, que valorasen os tempos adicados a escoitar, a falar. De palabra tería que partir o interese polo propio, polo identitario, pola historia de noso. E así foi.

O departamento de Lingua Galega, o EDNL e a Biblioteca, na liña do tema interdisciplinar do Patrimonio, recompilou o material nun blog chamado SonMemoria. Nel recollemos o traballo do alumnado -aquel que as familias permitiron dar a coñecer- coa intención de convertelo nunha fiestra ao pasado de Porto do Son. Partimos da idea de que para comprender o presente e construír futuro hai que saber dos tempos idos.

En decembro, cando xa levabamos un tempo programando a actividade, asistimos a unha charla da profesora Pilar Ponte e Xosé Maneiro. Estes explicáronnos varios dos proxectos desenvolvidos no seu centro, o IES da Pobra do Caramiñal. Entre eles estaba o levado a cabo polo EDNL e o departamento de Historia Unha imaxe, unha historia. Os obxectivos eran moi semellantes aos que nós tiñamos elaborados, polo que adaptamos o magnífico material que eles ofrecen no seu blog ás nosas necesidades.

É un blog con vontade de ir enriquecéndose cada curso. Os textos elaborados pertencen a alumnos e alumnas de todos os niveis, principalmente de ESO. A través deles podemos saber dos usos do campo, do mar, dos traballos cotiás, da emigración, das festas…

SonMemoria únese así a SonCine. Convidámosvos a abeirarvos a este peitoril!

Agradecemos ás familias a súa colaboración.