Outono 2021: retomando o club de lectura!!

E volvemos. Con máscaras, pero volvemos! Recuperamos as xuntanzas dos luns para lermos xuntos, botando o pé pola porta que comeza a entornarse nos protocolos escolares.

Emociona este grupiño de vinte mozos e mozas que se achegou á biblioteca con gañas de compartir a lectura, as descobertas e tempos de compañeirismo e amizades. Emociona!

Ao profesorado -dámos a benvida a Sabela e a María aos clubs de alumnado!- o corazón e a cabeciña levounos nesta primeira sesión a recuperar os obxectivos da Axenda 2030. Escollemos Plásticus marítimus de  Ana Pêgo como punto de partido para organizar a primeira sesión.

Na biblio, coñecémonos e un pouquiño de reflexión sobre a nosa responsabilidade co planeta:

E baixamos á praia! Alí presentamos os dous libros que imos ler este mes: o alumnado máis novo Un océano de amor de Panaccione e Lupano e o grupo d@s Lerpeir@s, A Terra de Anna de Joestein Gaarder. Mirade que foto de grupo tan ilusionante!

E agarimamos o planeta. Recollemos lixo (habemos observalo no laboratorio) e escribímoslle versos para el. COMEZAMOS!!!