Adrián cóntanos das súas carreiras

Adrián, alumno do IES de Porto do Son, pertence ao Club de Atletismo Noia. Fálanos da súa traxectoria, dos éxitos do seu club e do que este deporte lle aporta. Parabéns polo esforzo e os resultados acadados!

Adrián e as carreiras. from SonCine on Vimeo.

Retomamos o club de lectura!

DSC09114

Retomamos un ano máis as actividades do Club de Lectura dos maiores. Botamos en falta nesta primeira reunión a Daniel, Claudia, Fran, Pablo, Sandra e Rocío que andan xa incorporados aos estudos universitarios – e á movida que acompañan as horas de esforzo, seguro!- pero seguimos contando con Iria, Estrella, Alba, Sandra, Ángel, Nerea e Sara, e temos novas incorporporacións: Miriam, Rocío, Lúa, Alejandra e Antía. De seguro, alguén se irá achegando ao longo do curso.

Grazas a todas e a Anxo – este ano o único chico- por acompañarnos nestas sesións de libros, cine, café, colacao e galletas! Un pracer!

Pois ben, comezamos cunha proposta diversa en xénero arredor do tema dos movementos migratorios: cine, álbum ilustrado, cómic, poesía e relato.
welcome_cartel                                                           emigrantes



nómades

 

geografias-mario-benedetti

 

 

 

 

 

Lipdub

Como traballo de fin de curso, o alumnado da materia de Produción Audiovisual e Multimedia de 3º da ESO decidiu facer un Lipdub contando coa axuda de compañeiros e compañeiras doutros cursos.
Un Lipdub ou lip dub (do inglés “dobraxe de beizos”) consiste na realización dun vídeo musical por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical. Nesta ligazón podedes ver como se fai un Lipdub.

A rodaxe do Lipdub foi moi divertida e iso nótase no resultado. Moitas grazas pola colaboración de todo o alumnado que participou!