Con Núñez Singala e Instrucións para tomar café

Onte, por fin!, puidemos ter o encontro con Manuel Núñez Singala para charlar con el sobre a súa obra Instrucións para tomar café. A actividade estaba prevista para abril do 2020 pero o confinamento obrigou a adiala para este comezo de curso que segue a ser estraño e incerto.

Enmarcada nos Encontros Literarios promovidos pola Dirección Xeral do Libro e o Fomento da Lectura do Ministerio de Educación, permitiu ao alumnado de 2º de bacharelato coñecer as claves do proceso creativo desta obra de relatos que nos leva, con humor, á reflexión sobre nós mesmos, sobre a nosa idiosincrasia como pobo. A xenerosidade de Singala permitiu salvar os estritos protocolos ao dar dúas sesións!

Sendo o autor o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, cunha longa traxectoria na análise da realidade sociolingüística do galego, non puido faltar o debate sobre a lingua.

A charla complementa o traballo realizado polo alumando sobre a obra. Este consta de dúas partes: a primeria, con cuestións de análise crítica e recreación, e a segunda, dirixida a pensar sobre os galegos que queremos ser, cunha achega a Isaac Díaz Pardo e o papel que tivo o Laboratorio de Formas como modelo de empresa avanzado e identitario. Poñemos un pé na conmemoración do centenario do intelectual e empresario, que será obxecto de proxectos noutros niveis á volta de Nadal, e avanzamos no estudo sociolingüístico. Os momentos de crise sempre foron bos para mirar cara adiante e abrir novos camiños! Quen mellor que os mozos e mozas para botarse a andar!

Contadas de relatos de Núñez Singala e Sechu Sende

Neste último trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato andou enredado na lectura de dúas obras que acaen ben neste Mes das Letras: Instrucións para tomar café, de Núñez Singala e Made in Galiza de Séchu Sende.

 

Instrucions_para_tomar_cafe

Made_in_Galiza
?????????????????????????????????????????????????????????

Polo que dixeron, disfrutaron destas lecturas que nos levan a camiñar arredor de nós, a pensar e a pensarnos cunha boa dose de humor: a fala, a identidade, a sociedade que construímos e que estamos a tempo de mudar. Os dous narradores aguillóannos como pobo mediante a palabra. E é a palabra a que tomaron! Ocupamos unha vez máis a Sala Perseveira para as nosas CONTADAS! Adaptamos, recitamos, escenificamos…! Nubes, palabras buscando donos, Castelao queixándose nunha ouigha dende o máis alá,  avoas procurando un paracaídas para fuxir, botellóns nos que tatabexar verdades, prescicións para o uso do galego , madrileños asombrados pola progresiva desaparición do castelán…!

P1030998

P1040009