2ª xornada de Cultura para a sustentabilidade

Onte tivemos a segunda xornada de formación do curso Educar para unha Cultura da Sustentabilidade na biblioteca. Alejandro Pérez Díez, do proxecto Alianza Terra (Grupo SEPA), presentou a Pablo Neira Cortea, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e membro do Grupo SEPA e de Interea. Falounos da Educación como alternativa ao cambio climático, ese proceso dolorosamente real, inevitable e, do que quizais, dende a implicación da sociedade,  e polo tanto tamén das escolas, podemos emprender para minorizar os efectos. A responsabilidade interxeracional, a natureza como teito para as decisión, os datos que ofrece a Curva de Keeling sobre a evolución diaria da presenza de dióxido de carbono na atmosfera…

Cambio climático

Na segunda parte da tarde, Nélida Lamelas Castellanos, da Facultade de Economía da USC, e Paz Caínzos Rodríguez, de Intered Galicia e SEPA-Interea, realizaron para nós unha sesión dinámica, motivadora e xeradora de tempos de reflexión en común. O tema foi O eco-feminismo e o coidado da vida nos centros educativos. 

Canto por traballar, canto por concienciar!!! Niso estamos, na nosa responsabilidade co presente e o futuro dos noso alumnado, das nosas fillas e dos nosos fillos, da Terra.

 

EDUCAR PARA A CULTURA DA SUSTENTABILIDADE

Dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado), hoxe participamos nunha formación sobre “EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE” co Grupo de investigación SEPA-interea, USC e Intered Galicia. A formación foi a cargo do doutor Germán Vargas.

A biblioteca, unha vez máis,  implicada nun dos eixos transversais do centro: educar na cultura da sustentabilidade. A biblioteca, unha vez máis, como espazo de traballo, como aula recurso na formación do profesorado.

26904208_1530371967078291_1275520549423963642_n

Cultura e sustentabilidade