Tras os pasos de Martín Códax, Xulio Verne e Mendinho

O xoves pasado, nuha actividade interdisciplinar organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia,  o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de visitar o Museo do Mar de Galicia en Vigo e asistir a unha visita guiada sobre o Pergamiño Vindel, manuscrito que recolle as sete cantigas de Martín Códax. Datado no século XIII, foi atopado polo libreiro e bibliógrafo Pedro Vindel formando parte da cuberta dun libro antigo. Tras varias visicitudes, o manuscrito foi adquirido pola Morgan Library de Nova York en 1977. Nese museo está dispoñible unicamente para investigadores; foi privilexio poder velo!!!

Mais o noso interese neste fermoso museo non era só a oportunidade de coñecer o Vindel. A saída complementaba tamén a lectura da obra de Ledicia Costas Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, que será traballada polo alumnado, pois neste espazo de excepción, recóllese información sobre Sanjurjo Badía, Jules Verne e a batalla de Rande, núcleos temáticos na novela.

Do museo, desprazámonos ao Centro Arqueolóxico Salinae. Dun tesouro a outro tesouro; do sal que se extraía nas salinas da etapa romana deriva a palabra “salario”.

Seguimos os pasos de Xulio Verne. Sentado a carón do polvo xigante no Areal,  semellaba indicarnos o camiño ata o capitán Nemo e a illa de San Simón. A Historia recibíanos no peirao: da cantiga de Mendinho aos tempos do Lazareto, da batalla de Rande, da Guerra Civil e a posguerra; logo o silencio e, hoxe, a illa dando voz á Memoria.

Neste vídeo lembramos a xornada:

Entrevistando a Ledicia Costas

Lembraredes que alá polo final de novembro, Ledicia Costas visitou o noso centro para falarnos do proceso de creación da obra coa que gañou no 2016 o Premio Lazarillo, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, publicada por Xerais. Daquela xa vos contaramos que Adriana, Lara, Raquel e Xavi lle fixeran unha entrevista. Pasamos un rato ben agradable! Pois vén, agora partillámola convosco porque vén de ser publicada en SonCine. Parabéns para as chicas e para Xavi e, por suposto, o noso agradecemento a Ledicia.

mulleresplanta from SonCine on Vimeo.

E si, Maruxa Mallo, coma nós, e como Ledicia Costas, semellaba ter querencia polas “mulleres planta”:

2016070214230291537

Maruja-Mallo-Sorpresa-del-trigo-1936

Con Ledicia Costas, "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"

Esta mañá visitounos Ledicia Costas para charlar co alumnado de 3º de ESO sobre a que foi lectura de trimestre na 9788491210702materia de Lingua Galega en 3º de ESO, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, obra publicada por Xerais que foi galardoada no 2016 co Premio Lazarillo. Con ela soubemos un pouco máis de Xulio Verne e a súa relación con Vigo, de Sanjurjo Badía, da cidade a finais do XIX e dos avances técnicos e sociais que ían chegando a ela. A autora explicounos o porqué das mulleres plantas, a fascinación que estes “seres” de ficción causan nela, a súa querencia polas boticas e os mundos xa inxexistentes vencellados a elas.

Ao rematar, Adriana, Lara, Raquel e Xavi, de 3º ESOC, entrevistárona. Foi un rato agradable. Pronto poderedes vela e escoitala en SonCine. Coñeceredes algo máis da traxectoria literaria da autora -recoñecida con premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil,  o Premio Merlín, o Premio Neira Vilas ou o Premio dos Clubs de Lectura, entre outros-, así como do proceso creativo desta novela que tan ben acollida foi polo alumnado.

Parabéns a estas novas xornalistas e ao cámara!

leti_raquel

leti_lara_adri

Con Ledicia Costas, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”