Captain Fantastic

Para despedir o trimestre reunimos aos dous clubs de lectura, Lerpeir@s e Furalibros (cambiamos de nome!) para compartir neste caso, o visionado dunha película para despois comentala. Para tal ocasión, eliximos Captain Fantastic, do director Matt Ross e protagonizada por Viggo Mortensen. Podemos afirmar con rotundidade que nesta historia todos nos rimos e nos emocionamos, e aprendemos a ver a educación doutro xeito, lonxe de convencionalismos. Ningún de nos se puido imaxinar levar un estilo de vida como a representada na película, unha vida sostible, lonxe da tecnoloxía e en harmonía coa Natureza. Ligamos este amor pola natureza cos libros que lemos os dous clubs: La chica alce de Malin Klingenberg e algún dos cómics de Leo. Voltaremos despois das vacacións de Nadal cun pouco de teatro.

Desde os clubs de lectura do IES de Porto do Son, felices festas e que o vindeiro ano veña cargadiño de felicidade e boas lecturas.

Advertisement

Rematando o 2018 co club de lectura

Este luns tivemos unha sesión de club de lectura especial, con mesa posta de Nadal! Tarta, bombóns… E SOSTIBILIDADE cos cómics de Leo. Fuxir da terra porque a vida nela xa non é sostible? Leo, na súa serie Aldebarán, Betelgeuse, Antares e Supervivientes, levounos por todos os temas que hoxe nos preocupan: o cambio climático, os efectos do dióxido de carbono na atmosfera da terra, a alimentación, as desigualdades sociais, a violencia de xénero, as ditaduras, os fanatismos relixiosos, o extremismo político, a falta de liberdades… De todo isto falamos. E dun mundo de color que bebe da selva amazónica. E da esperanza. E do que podemos facer polo presente e o futuro da humanidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

Para a volta de Nadal, teatro: imos aos tempos dos Irmandiños con…

Da ciencia, da ficción e da ciencia ficción no club de lectura

En xaneiro reunimos os dous clubs de lectura arredor dunha obra que agrada a lectores de distintas portada.fh11idades: A evolución de Calpurnia Tate de Jacqueline Kelly. A sesión ficou curta para todo canto a obra dá para comentar: Darwin, o pracer de descubrir o mundo que nos rodea, o interese pola ciencia e a lectura, as enriquecedoras relacións cos avós, o papel da muller na sociedade de finais do século XIX e na actualidade… Humor, curiosidade… Deunos bos momentos.

 

P1030802

P1030804

P1030805

P1030808

P1030807

No club das maiores -seguimos sen ter chicos!!! – andamos xa coa seguinte lectura: “Todos os problemas do mundo” de Isaac Asimov e “A solución da mosca parasitaria” de Raccoona Sheldon, dous relatos de ciencia ficción publicados por Vicens Vives na selección Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción, e Antares un cómic do mesmo xénero de Leo, un autor que ás profas do equipo nos ten “enganchadas”:

Viaxe ao futuro

Antares

 

Os máis novos están achegándose a Velázquez e, sobre todo, á importancia de loitar pola superación persoal con:

Bartolomé