Escribir na multitude, de Martín Veiga

610_proOnte á tardiña, na Casa de Cultura de Noia, o noso compañeiro David Pérez,  Luís Avilés e Clodio González, acompañaron o poeta, profesor, e investigador noiés afincado en Dublín, Martín Veiga, na presentación do seu libro Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos. Publicada pola editorial Toxosoutos, vén ser unha obra imprescindible para aqueles que queiran afondar na traxectoria vital e literaria de Avilés.

Exquisita no deseño, esixente e lúcida no contido, é, segundo o autor, resultado “dunha obriga feliz”. Son estas palabras recollidas ao fío das intervencións de Luís Avilés e David, que insistiron nos sentimentos de amizade e familiaridade que unían a Antón e a Martín, nun diálogo frutífero de afectos e literaturas entre xeracións. O mestre e o poeta novo. Agora, a colleita.

10672344_830481770349789_428665174853579790_n

Curso de ficción cinematográfica en Noia

A Sociedade Liceo colabora no Curso de ficción cinematográfica que organiza o Concello de Noia, e que será impartido por  Luis Avilés Baquero, para nós xa ben coñecido.
O curso comezará o día 1 de abril e remata no mes de setembro.
O número de prazas é limitado a 15 persoas e ten un custe de 30€ mensuais.
Para apuntarvos poden acudir á Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos en horario de 9 a 14h e de 18 a 20h de luns a venres ou chmando ao teléfono 981824169.

Os que estedes interesados apurade a anotarvos, xa non quedan moitas prazas!

XIII Mostra de Curtas Vila de Noia

Van xa alá 13 anos dende que a finais dos 90 un grupo de mozos sacara adiante esta iniciativa. Eran Punto de Xiro. Hoxe moitos deles adícanse ao mundo do cine, á publicidade, á imaxe… Nesta edición -do 26 de novembro ao 2 de decembro na Sociedade Liceo de Noia- volveremos disfrutar de achegarnos á curtametraxe, ao que se fai aquí e ao que vén de fóra.

Pinchade neste enlace para descargar o  dossier informativo: proxeccións cinematográficas, documental, charlas-coloquio e curtas de animación para centros educativos.

Tomo as palabras do noso benquerido Luís Avilés para anivarmos a asistir:

“Na Mostra de Curtas de Noia temos o privilexio de abrir a programación o vindeiro Luns 26 ás 20.30 con O APOSTOLO de Fernando Cortizo. O martes DOENTES de Gustavo Balza e o mércores N-VI de Pela DEL ÁLAMO. O xoves as series web AGÉLICA Y ROBERTA e EL QUID. Virán os seus creadores e presentarán os seus traballos. E de xoves a domingo sección oficial. Estades todos convidados!!!!!”

'Retornos', de Luís Avilés, inicia o Cinefórum Soncine

Dentro do marco das actividades organizadas polos departamentos de Biblioteca, Audiovisuais e o Club da Lingua en torno ao cine e a literatura, botamos a andar o Cinefórum Soncine.

Onte pola tarde comezamos a nosa primeira sesión disfrutando coa proxección da película Retornos, a primeira longametraxe dirixida polo noso benquerido Luís Avilés.

Coproducida por Vaca Films (España), Zed Filmes (Coímbra, Portugal) y Patagonik (Argentina), estreouse nas salas de cinema con éxito de público e crítica no ano 2010 e foi recoñecida con dous Premios Mestre Mateo ás mellores interpretacións de reparto de Xosé Manuel Olveira “Pico” e María Bouzas.

Falar deste director é falar dos inicios de Soncine, é falar do audiovisual no noso instituto e da arela transmitida por  David Pérez,  profesor que leva a cabo o proxecto: o valor do audiovisual como unha das mellores ferramentas para aprender a contar, un dos principais obxectivos da educación. O afecto mutuo, de Luís polo centro e do centro por el, creou un clima de agradable  no coloquio que seguiu á película e  conversarmos sobre os temas,  o ritmo, os tempos, o traballo en equipo, as escollas lingüísticas, o proceso creativo do guión, as cores, a auga, a música… Sen perder de vista ao público que o escoitaba, Luís foi director pero tamén mestre e, xenerosamente,  aconsellou aos alumnos no proceso creativo invitándoos a disfrutar da forza da linguaxe da imaxe.

O noso agradecemento vai para el, mais tamén para vós, os alumnos e alumnas que asististes. Estamos orgullosos dos vosos silencios e das vosas voces, do respecto mostrado ao  traballo ben feito.

Lembrámosvos o programa e emprazámosvos ás próximas citas:

http://www.glogster.com/flash/flash_loader.swf?ver=1303029205

‘Retornos’, de Luís Avilés, inicia o Cinefórum Soncine