Comeza a función!!!

Andabamos o curso pasado arredor dos planetas, pendurados da lúa e o sol, viaxando polo espazo seguindo o ronsel dos cometas e botabamos en falta sumarnos á homenaxe a Vidal Bolaño e ao mundo do teatro. Así pois, retomamos o fío, tiramos do adival e recuperámolo para o que queda de curso. Lecturas e proxectos para traer ao alumnado o engado que se agocha na escena, na palabra, nos silencios, no riso e no drama… O teatro da vida! Para ler, para escenificar, para aprender, para formar, para asentar valores, para fuxir da realidade ou achegarse a ela.

Traxes, monicreques, máscaras, cartaces anunciando representacións e libros enchendo os corredore! Os personaxes óllannos tras as máscaras baixo a mirada atenta dunha María Casares e dun Vidal Bolaño habitantes da patria do teatro.  E como non, imposible esquecer a voz de Manuel Olveira “Pico” ecoar no centro a carón da dos mozos e mozas que hai xa uns anos rodaron Mar. 

Ao  material da biblioteca, únese o realizado nas aulas. Mais, sen dúbida, o protagonismo teno o “atrezo” que nos cederon xenerosamente o Centro Dramático Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, imprescincible para compoñer os escenarios e facer voar a nosa imaxinación.

É o marco que ha de acoller lecturas dramatizadas, obradoiros, representacións e charlas con autores na Semana Cultural. Unha FUNCIÓN que comezará o 4 de abril coa Festa da Lectura e a inauguración dunha exposición paralela na Casa de Cultura coas que conmemoraremos o Mes do Libro -actividades de dinamización coordinadas pola nosa biblioteca e nas que colaboran unha boa parte dos centros educativos do concello e a biblioteca municipal-.

Esta multidisplinar “posta en escena” terá o seu peche triunfal no instituto o 11 de abril coas actuacións preparadas polo alumnado!

ÉRGUESE O PANO!!

María Casares. Teatreiras

Con motivo da próxima conmemoración do Día da Muller traballadora, o 8 de marzo,  o equipo de biblioteca dá comezo ásP1020430 actividades arredor do Teatro que desenvolveremos ao longo do que queda de curso e, de xeito especial, na Semana Cultural que
terá lugar do 9 ao 13 de abril. Sendo o noso un equipo maioritariamente feminino, pareceunos necesario comezar lembrando á muller que dá nome aos premios que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galiza, os Premios María Casares. Con este motivo preparamos unha exposición que mostramos no centro. No proceso de investigación puidemos coñecer unha muller excepcional, libre e loitadora. Da súaP1020431 man fomos tirando do fío das Teatreiras Galegas que protagonizan a escena actual. Ao tempo que poñemos en valor o seu labor, estamos tamén a homenaxear o traballo da muller. A continuación, nun libro dixital, podedes ver o material que elaboramos. Paga a pena coñecer a vida que se agocha tras esta mirada:

 A miña patria é o teatro

casares

Escoita a súa voz  e  unha entrevista  dende Bos Aires

 

//e.issuu.com/embed.html#1399044/7008344