Escribir na multitude, de Martín Veiga

610_proOnte á tardiña, na Casa de Cultura de Noia, o noso compañeiro David Pérez,  Luís Avilés e Clodio González, acompañaron o poeta, profesor, e investigador noiés afincado en Dublín, Martín Veiga, na presentación do seu libro Escribir na multitude. A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos. Publicada pola editorial Toxosoutos, vén ser unha obra imprescindible para aqueles que queiran afondar na traxectoria vital e literaria de Avilés.

Exquisita no deseño, esixente e lúcida no contido, é, segundo o autor, resultado “dunha obriga feliz”. Son estas palabras recollidas ao fío das intervencións de Luís Avilés e David, que insistiron nos sentimentos de amizade e familiaridade que unían a Antón e a Martín, nun diálogo frutífero de afectos e literaturas entre xeracións. O mestre e o poeta novo. Agora, a colleita.

10672344_830481770349789_428665174853579790_n

Sol de inverno

Sol. Mar. Río. Sol.

Ondas do mar … se sabedes?

Cristian párase ante a beleza e usa a cámara para crear. Consciente ou inconscientemente recolle o fío de filósofos e poetas. Admírase. Cuestiona.  Cuestionamos. Admiramos.

David, o mestre, alfareiro, acompaña a man no torno: SonCine.

sol de inverno from SonCine on Vimeo.

E as imaxes espallan ese “Sol de inverno” na voz do poeta, Martín Veiga:

Sol de Inverno / Martín Veiga from SonCine on Vimeo.

Nós, dende a biblio, a voltas coa lúa, co sol, coas mareas, mirando a ceo e procurando “acender unha estrela nova en cada constelación”.