Moda?

Sempre crítica a través da palabra, mirando a muller a través da palabra. Viámolo en O club da calceta e vémolo en Moda galega, o que fora o seu primeiro poemario e que hoxe vos achego.

Na semblanza biográfica que dela se ofrece na Biblioteca Virtual Galega, saliéntase o seu “compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable”. Este será o leit motiv,  o fío que podemos seguir ao longo da súa produción literaria e que xa se inciaba en Moda galega.

A moda -galega- como nó condutor para este poemario cuestionador, subersivo ante a uniformidade, ante o dirixismo e as imposicións sociais. Liberador e libertario. Tan necesario nestes tempos en que deberiamos inquerirnos sobre o esencialmente relevante.

Os poemas conforman  un catálogo de moda vital, divido en dúas partes: “colección primavera-verán” e “colección outono-inverno”, un percurso circular que nos leva nunha viaxe pola cidade de Vigo -ou calquera outra- un camiñar “cos pés cansos”, a pasar polo amor, a morte, a crise persoal, a rabia, os afectos… En cada colección, unha parada previa, a reflexión: os tópicos que envolven as mulleres, a uniformidade consumista, a independencia, as inxustizas sociais, a globalización… A seguir, as rúas, no verán e no inverno, rúas viguesas ou non viguesas, uniformadas na súa oferta no vestir polas grandes multinacionais do téxtil e, de cando en cando, o pequeno comercio – “Fragoso: El sostén”, “Fragoso: Moda Chema”, “Manuel de Castro: lencería Piqué”, “Centro Comercial Camelias: Berska”, “Príncipe no Nadal”, “Príncipe: Cortefiel”, “Urzáiz: Pre-Natal”, “Urzáiz: Stradivarius”, “Miguel Hernández: Pantis-lencería”.

María Reimóndez plantea o soño, a loita, a alternativa. Unha agradable invitación á orgullosa individualidade enmarcada na xustiza social.

Agradoume en especial este poema da súa “Colección de inverno”:

López Mora: Ar

Ar.
Esa doce palabra galega
a través da cal
os galeguistas e poetas
describiron a sociedade
tradicional galega,
matriarcal,
din eles,
onde as mais
(que non as mulleres)
tiñan un posto social crucial.
Así se lle debe chamar
en termos galeguistas
a traballar nas leiras,
traballar na casa, parir,
estudiar ós fillos (só eles)
e non ter opción a nada,
se cadra a unha malleira opcional
ou unhas pernas cabras de lareira
último modelo.
Mágoa que para unha sociedade
tan matriarcal
só saibamos dela
a través dos homes
porque, malia o seu “posto social crucial”,
esas mulleres matriarcais
(¡que estraño!)
só deixaron aparente silencio.
Agora,
con estes vestidiños axustados
de Ar
pregúntome
ata cándo teremos que seguir
desaprendendo
as falacias do pasado.

Advertisement

Día internacional contra a violencia de xénero

http://www.pageplugins.com/generators/secret_magnifier/show.swf?baseURL=http://www.pageplugins.com/generators/secret_magnifier/&clickURL=http://www.pageplugins.com/&flashLABEL=PagePlugins.com&txt=%20%20%2025%20de%20novembro%20de%202009%20Rompe%20o%20silencio%20contra%20a%20violencia%20machista%2E%20Grita%2C%20canta%2E%2E%2Epero%20non%20consintas%20que%20che%20tapen%20a%20boca%2E%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20%20&cl1=16777215&cl2=0&cl3=5412570

La violencia es el último recurso del incompetente.(Isaac Asimov)

Ágora

ÁgoraO sábado saiamos á tardiña das Xornadas de Bibliotecas Escolares e decidimos aproveitar a ocasión para seguir en bibliotecas, nesta ocasión da man de Alejandro Amenábar na súa última estrea, Ágora.

O filme lévanos a Alexandría (Exipto), no ano 391 d.C. onde a científica e filósofa Hypatia forma aos seus discípulos. Fiel á liberdade que dá o coñecemento, enfróntase ao fanatismo cristiá da época.

Atrapa a interpretación que Rachel Weisz fai desta atraente muller, conseguindo transmitirnos a paixón que mostrara pola investigación

Moi ben logrados, decorado e ambientación, xunto cunha banda sonora que recrea con acerto a música da época e que nos permite somerxernos nesa mítica biblioteca, icono da sabiduría de tódolos tempos.

Unha desas películas que paga a pena ver na pantalla grande, con dous temas de plena actualidade: o papel da muller na ciencia e a investigación e o freo da intolerancia ao avance das civilizacións.

Veñen moi ao caso as palabras de Alberto Manguel que recollo da súa obra Una historia de la lectura:

“La verdad es que nuestro poder como lectores es universal y es universalmente temido, porque se sabe que la lectura puede, en el mejor de los casos, convertir a dóciles ciudadanos en seres racionales, capaces de oponerse a la injusticia, a la miseria, al abuso de quienes nos gobiernan”.