A Lugo cos “Contos do museo”

Un ano máis, o departamento de Lingua Galega, o equipo de Normalización e o equipo de biblioteca participamos nas Rutas literarias polo Museo, unha actividade organizada polo Museo Provincial de Lugo. Durante o segundo trimestre o alumnado de 1º de ESO leu os relatos de autores como Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda recollidos no libro Contos no museoTras traballalos, onte chegou a viaxe. A chuvia acompañounos mais non impediu que disfrutáramos da xornada. Os relatos axudáronnos a descubrir as respostas do xogo de pistas para coñecer o museo. Logo, visitamos a Catedral, as murallas, as rúas… Mesmo tivemos unha agradable conversa con Ánxel Fole!

IMG-20160405-WA0000

Muralla

Lugo Fole

A Lugo cos "Contos do museo"

E máis patrimonio: lendo Lugo, visitando Lugo.

contos_medo_museoÁs voltas co patrimonio, o Museo Provincial de Lugo, ofreceunos a posibilidade de conxugalo coa lectura. Decidimos participar das súas Rutas  literarias polo museo. No marco desta actividade o alumnado de 1º de ESO traballou neste trimestre nas aulas de Lingua Galega os relatos de medo de Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, A. Neira Cruz e Antonio Reigosa, ilustrados por Javier Huerga e creados para esta proposta pedagóxica. Dende Porto do Son, a través destes textos, realizamos a primeira achega ao museo e hoxe fomos visitalo para levar a cabo a segunda parte da actividade, por certo, ben divertida: os roteiros. O rapaces e rapazas subían e baixaban, ían de sala en sala, lían, procuraban, intuían, relacionaban o lido coa información que os cadros, as esculturas e as pezas expostas aportaban. Coñeceron patrimonio de noso, desenvolveron competencias, mostráronse resolutivos. Así pois, esta revélase como unha forma óptima para que o alumnado disfrute destes espazos. Sen dúbida, unha experiencia para repetir.

Mais a saída non rematou aí. A catedral, as murallas, as ruelas, a compaña de Ánxel Fole … ofrecéronsenos para completar esta agradable xornada.

Museo fachada

Museo

Museo 2

Museo I

Muralla

Lugo Fole

Catedral