Menú navideño na Biblioteca de Porto do Son!!!

Unha vez máis Ana Freire, co seu sorriso e a súa enerxía, volveu polo centro. Xa case é do equipo!!! A súa proposta, crear un novo recuncho! A nosa biblioteca, a biblioteca do CEIP de Xuño, as axencias de lectura e os nenos e nenas da ludoteca fixemos unha vez máis un equipo! Alá foi cunha caixa con “produtos” dos nosos andeis!

E Ana transformou a biblio nun salón navideño que loce ben fermoso, con convite incluído: MENÚ LITERARIO! Hai para escoller… Que vos apetece máis, de primeiro un álbum ilustrado? De segundo, unha noveliña, ou contos, ou teatro…? E de sobremesa, que tal un cómic? Para a festa, uns versiños para cantaruxar? E ao día seguinte, ou á noitiña… unha peli? Apetecible, non si? Reservade xa!

E durante o tempo de Nadal, ata hai unha cheminea que coa súa caloriña acollerá tempiños serenos de lectura!

 

Unha árbore de Nadal con conciencia sostible

Os obxectivos da Axenda 2030 e o cambio climático son eixo de traballos, lecturas e proxectos no noso centro. A nosa ábore de Nadal é tamén unha árbore con conciencia sostible! Bo Nadal para a Terra!!!! Acompañamos estes tempos do cumio climático e da mocidade loitando por que exista un futuro!

Recomendacións para un novo ano: guía de lectura de Sostibilidade

Andamos ás voltas coa SOSTIBILIDADE. Non porque sexa un tema interdisciplinario máis a traballar no IES de Porto do Son este ano, senón porque é necesario. Precisamos reflexionar e facer reflexionar o noso alumnado sobre o futuro que queren ter. E actuar. Levar a cabo accións que vaian facendo camiño. E rápido. A axenda 2030 estamos a lembrar a súa urxencia.

Que tal un Nadal sostible? Que tal un libro como guieiro?

ESTA É A NOSA GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PARA ESTAS FESTAS!!! Premede na imaxe. Cada unha das obras vén enlazada a unha recención crítica.

DESEXÁMOSVOS UN 2019 CHEO DE ACCIÓNS QUE SEXAN SEMENTE DE FUTURO COMPROMETIDO COA TERRA E A HUMANIDADE!

 

Os clubs de lectura deséxanvos BO NADAL!

P1030057

O luns tivemos a última sesión do 2014 dos clubs de lectura nunha biblioteca navideña. Os máis novos leran obras de Agustín Fernández Paz. 9788467035469Os maiores tiñamos unha lectura lixeira, Fundación Libélula de Yashmina Shawki. Se ben tanto as profes como o alumnado obxectou á novela o previsible da trama, esta deu para o debate que procurabamos: a muller, os seus dereitos tantas veces agredidos… A próxima lectura lévanos unha vez máis aos clásicos e ao teatro: Las bicicletas son para el verano de Fernando Fernán Gómez. Á volta falaremos dela.


Ben merecido temos agora o descanso de Nadal. Os clubs de lectura do IES de Porto do Son deséxavos  Boas Festas e que este Ano Novo veña con saúde e felicidade!!! Con cor, con cancións, con lecturas, con doces, con compaña… e con esperanzas cumpridas!

 

P1030055

P1030064