De curtas e videoclips na biblioteca

A nosa biblioteca acollerá durante a semana que vén a proxección de curtametraxes e videoclips no marco da Semana das Curtas, unha iniciativa do Equipo de Normalización do IES Audiovisual de Vigo que conta coa colaboración da Coordinadora Galega de ENDL. A actividade, na que van participar máis de 80 centros e 10.000 estudantes de toda Galiza dende o luns 28 de febreiro até o venres 4 de marzo, preséntase como un festival en rede que trata de difundir a creación audiovisual galega e fomentar a lingua por medio de linguaxes atractivas para o alumnado, que pode participar activamente achegando as súas valoracións sobre as curtas, os videoclips e os documentais no blogue da Semana das Curtas.

Un centro como o noso, que impulsa a educación audiovisual dende as aulas, non podía faltar á cita. Por iso, durante os primeiros recreos do martes, mércores e xoves proxectarase unha selección de curtametraxes e videoclips, mentres que nas aulas pasaranse outros traballos que forman parte desta actividade.

‘Quen ten un versiño por aí?’ Lado & Aldao no IES de Porto do Son

Lucía e María, María e Lucía, estiveron connosco o pasado 31 de maio, día de calor, calor dun primeiro sol estival que pedía a berros algo diferente e que convidaba a deixar voar a imaxinación nunha aula soporifera logo de horas de fórmulas, sintagmas e átomos.

Mais chegaron Lucía e María, María e Lucía, a festa da poesía.

Quen ten un versiño por aí? from SonCine on Vimeo.