Os booktrailers de O sol do verán

Achegamos unha selección dos booktrailers que realizaron os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato sobre O Sol do verán de Carlos Casares, como actividade de biblioteca e da materia de Lingua Galega.

Vídeo de Rita Vila:

Vídeo de Laura Lojo:

Vídeo de Antonio Parada:

Vídeo de Clara Tomé:

Última sesión do club de lectura

O luns tivemos a última reunión do club de lectura. Como non podía ser doutro xeito, rematamos con Casares e O sol do verán. A moit@s encantoulles; hai mesmo quen quedou prendada do Carlos que a protagoniza! Tan malote, tan doce!!!

Mais ese sentimento agridoce da obra, tamén o sentimos Rut e eu. Levabamos varios anos xunt@s e imos botar en falta este grupo. É xente encantadora coa que compartimos moi bos momentos, moitas risas, moitos cafés con galletas, moitas lecturas…

O curso que vén acolleremos novas caras, de feito, estamos xa facendo campaña e convidamos a algún a asistir a esta sesión para facer campaña!

dav
dav

sdr
sdr

sdr
sdr