No Recuncho de Cómic da ÓMIX e a Biblioteca Municipal

No Recuncho de Cómic da OMIX e a Biblioteca Municipal! 😊Participamos no obradoiro de cómic de Fonso Barreiro para as mozas e os mozos dos clubs de lectura 👏👏 A banda deseñada tamén na exposición Á violencia de xénero… dille NON!!!
Os nosos cómics e a exposición que fixeramos hai uns anos, uníronse a fondos da mostra. De novo, optimizando os fondos públicos e dinamizando xuntos a lectura!!! Parabéns ao Concello pola inicativa!!!

Os nosos cómics na biblioteca municipal!

Unha nova colaboración da nosa biblioteca coa OMIX do Concello do IES de Porto do Son e a Biblioteca Municipal 😊. Desta volta, unha mostra dun dos xéneros que máis nos prace dar a coñecer: a banda deseñada! Dos clásicos á novela gráfica actual, do cómic galego ao castelán, ao francés… ao universal. Heroes, vidas, denuncia, concienciación, humor, entretemento, amor, desamor, igualdade, inclusión… Alá foron tamén os carteis que fixera o noso alumnado. É sempre un pracer participar nestas iniciativas de dinamización lectora tan necesarias 👏👏👏 nestes tempos de présas e pantallas! Unha vez máis, os recursos públicos ao servizo da comunidade!

A OMIX estrea recuncho na Biblioteca Municipal!!!

Vén sendo frutífera a colaboración coa técnica da OMIX do Concello de Porto do Son, Ana Freire. Coma nós, entusiasta das bibliotecas e a lectura, dinamiza actividades arredor da lectura, e nós botamos unha man sempre que podemos! Neste camiño do servizo público e a posta en valor do comunitario, os fondos de medo da nosa biblio (cómics, álbums ilustrados, novelas…) enchen tamén neste Samaín o recuncho tan chulo que montou na Biblioteca Municipal!!! Aí estamos, xuntos facendo camiño!