Os escaravellos voan á tardiña

Cartas escondidas nunha casa que relatan unha antiga historia de amor, partidas de xadrez telefónicas, estatuas exipcias perdidas, plantas que senten emocións,… e desde logo escaravellos. Tres amigos, Jonás, Annika e David, intentan recompoñer, como as pezas dun puzzle, unha historia do pasado con ramificacións na actualidade. Os escaravellos voan á tardiña foi o último libro que lemos no club de lectura dos Benxamíns, considerado un clásico da literatura xuvenil da escritora sueca María Gripe, escrito en 1979. A pesar de contar con máis de 40 anos, envelleceu ben para encarar os comezos deste século XXI.