Celtic Roots

 

PAI – Producións Audiovisuais Inxeniosas, esa Casa de Tolos ou estudo de gravación ultramoderno preto de Gondomar,   presentou  o 11 de nadal un libro CD-DVD resultado dun traballo interdisciplinar que engloba aos colexios CEIP Humberto Juanes de Nigrán e aos irlandeses St. John´s Primary School de Manchester e St. Cronan´s School de Bray. Contan co apadriñamento de músicos como Dónal Lunny, Michael Mc Goldrick e Xosé Manuel Budiño.

O proxecto ten como obxectivo afondar nas raíces comúns. Un non pode evitar traer á mente o atlantismo celtista do grupo Nós…

Unha fermosa iniciativa que implica a profesorado, alumnado, familias e colaboradores xuntando as súas voces e regalando os nosos ouvidos. Non está mal para encarar con ánimo o regreso ás aulas!