Poemas de Carlos Negro en Onda Perseveira

Os mozos e mozas do club de lectura dos máis novos andan a aprender nas ondas, nas ondas da radio. E quixeron facelo recitando algúns dos poemas que máis lles gustaron de Carlos Negro. Escolléronos de Makinaria, Penúltimas tendencias e Masculino Singular.

       

Aquí vos deixamos o podcast:

Go to download

Carlos Negro. Makinaria e Penúltimas tendencias. Ou o porqué da poesía

Por que a poesía?  Por que lela? Para que escribila?

XG00163201
penultimas-tendencias_capaCarlos Negro tentaba espertar o noso alumnado esta mañá con estas preguntas. Eran cuestións
complicadas ás 9:20 da mañá. Estaba de novo con nós para falarnos de Makinaria e de Penúltimas tendencias, as obras que o alumnado traballou neste trimestre.

P1030180

Pouco a pouco, poema a poema, espreguizámonos. Recitamos, rimos, sentimos os silencios. Imos perdéndolle o medo aos versos.

Finalmente, un doce agasallo, unha lembranza e unha pregunta: a que sabe o amor?DSC_0014

E, agora si. A poesía serve para… “dar resposta ás preguntas máis difíciles”. Se o procuramos, “atoparemos un poema que acabe falando de nós”.

Se miramos ben, dende as paredes do noso salón de actos tamén nos espreita a poesía!

2014-02-05 22.16.49

2014-02-05 22.14.14