Na XVIII Mostra de Curtas de Noia

Mostra de curtas
Cos mozos e mozas de 2º de ESO estivemos a mañá do venres na XVIII Mostra 8_secde Curtas Vila de Noia. Andamos metidos no tema da COMUNICACIÓN, e no noso centro sabemos ben do que dá unha cámara para contar! Boa parte deste alumnado cursa a materia de ITI, centrada este curso no ámbito audiovisual, mais nós levamos xa unha longa tradición na nosa propia canle, SonCine!

Noia está estes días engalanada para recibir a sétima arte e nós asistimos convidados á sección “Curta Cativa”, no Coliseo Noela. En colaboración con Aldeas Infantiles, que celebra este ano o seu 50 aniversario, proxectaron as curtametraxes Distintos, Vuelta al mundo, Princesa de hielo, e Pez, que se enmarcan dentro do programa  que permite levar a cabo a loita polos dereitos infantís “Yo también cuento”. Na mesma liña, The Box, que nos emocionou lembrándonos o problema dos nenos refuxiados que foxen da guerra de Siria.