http://www.imageloop.com/swf/looopSlider2.swf


Dentro das actividades promovidas polo Concello de Porto do Son con motivo do Día das Letras Galegas, o noso instituto foi invitado, hoxe, 14 de maio, á recreación interpretada por Serafín Marcos sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra.
Asistimos co alumnado de 1 º de ESO, que foi agasallado cun exemplar da bra de Antón Lopo, A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, publicada por Galaxia, editorial coa que o concello concertou a actividade.
Achegounos Serafín, sempre provocador e suxestivo, ao universo do escritor caurelao: a natureza, a fusión telúrica coa mesma, o paso do tempo, o baleiro, a morte, o amor, a amizade, a ausencia, a denuncia, a permanencia na lingua,…
Versos para ler, para escoitar, para ver.