Botar a Lingua, ensinar a Lingua no Día das Letras Galegas con Serafín Marcos, Tropa de Trapo e as Cunqueiradas

“Quen vai falar a miña lingua se non a falo eu?”.

Estas foron das primeiras palabras que Seranfín Marcos nos ofreceu na actuación á que asistiu o alumnado de 1º de ESO  con outros centros do concello na Casa da Cultura. Fiando metáforas visuais e sons da guitarra, celebramos con el o Día das Letras Galegas. Mesmo nos silencios aprendemos a escoitar os versos e as palabras de Agustín Agra, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro… Agasallounos con poemas tan fermosos como “O piano” de Antón Avilés de Cantos Caucanos.

P1030474

Ao rematar, rapaces e rapazas premiados no Concurso do Día das Letras Galegas recibiron os agasallos polos seus textos literarios. Do instituto foron galardoados os relatos das alumnas Anahí González Mayán de 1º de ESO e Sheila Ares e María Santiago de 4º de ESO. Parabéns!!!

P1030485

P1030486

 

Ao rematar a mañá,  Tropa de Trapo veu da man da área de Servizos Socias do Concello. Con voces amainadas e sons plurais, como teñen feito noutras ocasións, Brais e Marta contaron para o alumnado de 2º de ESO. Contar para facer pensar.

DSC09554

Ao mesmo tempo, os mozos e mozas de 4º de ESO A, contaban “Cunqueiradas” na Sala Perseveira. A cadea dos contos contados, das nosas voces de noso enchendo a xornada!

P1030495