Carlos Negro presentará mañá 'Makinaria' no noso centro

O Departamento de Lingua Galega e o Clube da Lingua presentan mañá Makinaria, un poemario que algúns de vós xa lestes nos dous primeiros trimestres e que está agardando por vós na biblioteca do noso centro.

O seu autor, o lalinense Carlos Negro, é un poeta que exerce profesionalmente de profesor de lingua no CPI de Dodro, ou un mestre que fai versos cando non imparte aulas, aínda que como poderemos comprobar mañá as experiencias do seu alumnado tamén forman parte da materia poética da que el se nutre e que alimenta Makinaria. Hai uns meses falabamos do libro da seguinte maneira neste mesmo blogue:

Milleiros e milleiros de mozos arremuíñanse cada fin de semana onda as pistas de terra por onde as poeiras deixan entrever o paso fugaz dos coches de competición. Son os mesmos malotes que buscan a seguinte carreira no GZrally.com e devoran as montaxes do Galiza a ras da finde na Galega. Son os que procuran converterse en heroes da disco o sábado á noite tras xogar no gume da navalla do asfalto, o alcohol e o techno nas madrugadas da comarca. Veñen sendo os que converten o tunning nunha relixión que reclama o salario de todo un mes no andamio. Aceleracións de vertixe, cheiro a goma queimada, entrarlle á morte en cada curva.

Ferro a fondo, “monta comigo, nena, agora e xa”, cheiro a gasolina, a euforia da cocaína, rebentar cos decibelios.

E a historia non ten final feliz, como tantas que se suceden no telexornal. Aquela foi a curva derradeira, rematou a partida real no Need for Speed.

“Ti non entendes nada, Mamá”. Claro que entendía a vella, foron moitas noites de insomnio a agardar pola presentida chamada do 061. Podía ser. E foi.

Así é Makinaria, un libro a cara descuberta, espido, real. Un feixe de versos sen moralexa pero doloroso, que por iso mesmo consegue chegar ao lector, interpelalo e, se cadra, lograr que chegue a vello, como desexa o autor para os rapaces de Dodro que lle descubriron o segredo do risco e a velocidade. Versos que contan historias, a vida de moitos mozos que pode que se recoñezan nun poemario, o que non é pouco.

Se isto che sabe a pouco, xa sabes, atoparás Makinaria nos andeis da biblioteca.

Carlos Negro presentará mañá ‘Makinaria’ no noso centro