1º OBRADOIRO DE RADIO BIBLIO

1,2,3… ADENTRO!!! Estamos xa plenamente incorporad@s á formación  de Radio Biblio, dinamizada dende Bibliotecas Escolares! Somos 20 centros que nos achegamos con ilusión a un recurso que se vén de reincorporar ás escolas e aos institutos con aires frescos. Deixados atrás os problemas das antigas radios escolares, as tecnoloxías permítennos redescubrir unha ferramenta  anovadora, motivadora e dinámica para facer que o noso alumnado acade as competencias do currículo: traballo en equipo, planificación e expresión textual tanto na escrita como na oralidade, alfabetización iformacional, tratamento da información… Pero, ademais, facilitará incidir nas liñas xerais que definen o noso proxecto educativo xeral, a convivencia e o entorno, e no tema interdisciplinar deste curso, a COMUNICACIÓN.

27067522_1539595699489251_3027093024105078504_n

Pois ben, Javier Prado, da rede de escolas pertencente ao colectivo Radio Espora , impartiu, o martes 30 un obradoiro de radio para o profesorado. Guiounos co seu entusiasmo. A primeira parte, unha introdución xeral, desenvolveuse na na biblioteca; na segunda, tras elaborar uns breves guións de programas de radio, realizamos unha clase práctica.

27067908_1775848996054144_2482727425149788655_n

27073113_1775849026054141_1590057237455630693_n

En abril, en plena Semana Cultural, un grupo de alumnos e alumnas unirase á formación. Pero antes iremos xa facendo prácticas con eles. Tentaremos atraelos cara a un recurso que, sen dúbida, lles permitirá acadar moitas das competencias de forma dinámica e motivadora.

Xa vos iremos contando!