Obradoiro de Radio na Biblio con Ponte nas Ondas!

Onte estiveron connosco Xerardo e Damián, de Ponte nas ondas, dentro do programa de formación de Radio na Biblio. Alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO (boa parte do club de lectura), e un grupo de profes que os acompañaban, formáronse onte como técnicos de radio. Foi unha intensa e ben aproveitada xornada que comezou ás 13.10h e rematou ás 18.00h. Familiarizarse tecnicamente coa radio, aprender a facer un guión, saber do reparto de tarefas (técnicos, locutores…), reparar en como falar ante o micro… Traballando en equipo, fixeron unha práctica de creación dun programa de radio que tratou temas variados, dende publicitar Porto do Son, pasando por un consultorio sentimental, ata música con trap e rap!!!

Foi moi interesantes e divertido! Agora toca ir facendo novo programas e ir uníndonos a rede de escolas nas ondas!

 

Aprendendo, investigando,gravando na radio… con “Resistencia”

A lectura deste mes do club dos maiores do alumando é Resistencia, de Rosa Aneiros. Andamos con lecturas abeiradas á temática proposta polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil: as Revolucións e a Lusofonía. E imos facendo padal para a viaxe de fin de curso dos clubs a Aveiro co Aquis Celenis!

Así que, mentres os máis novos tiñan a xuntanza na biblio, nós viñemos á aula TIC e á radio! Mentres uns investigabamos sobre algúns dos puntos de interse da novela (os espazos, o colonialismo e a descolonización, a Revolución dos Cravos, Grândola, Inés de Castro…) outros comezaban a gravar un programa na radio cunha lectura de fragmentos da obra. Na seguinte sesión, poñeremos en común o que apredemos e a obra xa rematada.

 

 

 

 

 

 

 

 


Nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares

Temporal, disque alerta laranxa, porén o Salón Santiago estaba cheo de profesoras e profesores que o venres participaron nas IX Xornadas de Bibliotecas Escolares. E pagou a pena ir esa tarde. Un entusiasta Xurxo Mariño contounos o que xa sabiamos @s que estabamos alí: que na ciencia hai poesía, pero… que fermoso foi escoitalo e velo! Logo, Carmen Loureiro, sempre tan atinada, poñendo en valor o diálogo, a palabra, a imaxe. Ao día seguinte, nós escoitamos competencias transmedia, a paixón na mesa de poetas con Antía Otero e Rosalía Fernández Rial, as reflexións sobre a linguaxe e a lectura de Pilar Esteve (imposible non tomar centos de notas!), as compañeiras do Aquis Celenis a contarnos da “biblioteca aumentada”, os graffitis poéticos de Fran Alonso e Nana, a música/poesía de Uxía Senlle… E nós tamén estivemos por alí contando os nosos comezos no programa Radio na Biblio! Intensa e ben aproveitada fin de semana de formación!

 

Seleccionados para “Radio na biblio”

Cos enredos de cursos, xornadas, exames e a ponte, aínda traemos hoxe aquí a nova: estamos entre os 20 centros seleccionados pola Consellería para participar no programa “RADIO NA BIBLIO”. Xa que andamos co tema da COMUNICACIÓN, habemos facer bo uso desta oportunidade que permitirá que profesorado e alumnado nos formemos para dar pulo á PALABRA!!!

logo_radionabiblio_256x256