Radioteatro: presta unha cúpula xeodésica con Roberto Casal?

Era alá polo 2019 cando Roberto gravara co noso alumnado “Carta a ningures”. Antes “Ouigha con Castelao e compañía”, “Estamos vivos”… Roberto é da casa. E alegra moito volver telo connosco, darlle e recibir del unha aperta despois destes anos, anos en que A HISTORIA entrou en maiúsculas nas nosas vidas.

Cos vimbios do tema interdisciplinario -as emocións- e do proxecto do club de ciencias gravou este xoves un podcast que nos levará a unha cúpula xeodésica, a nosa cúpula xeodésica, “grande, forte, sen piares e resistente a furacáns”, un espazo que o alumnado ha sentir de seu, para falar, para ler, para rir, para soñar.

Primeiro, aprender do que o teatro aporta á radio, logo ler e, finalmente, á radio!

Grazas ao Concello e á OMIX por facer que este obradoiro de radioteatro fose posible. O alumnado do club de lectura ha gardar desta xornada unha boa lembranza e bos consellos para crear os seus podcasts.

O ALUMNADO DE ARTES ESCÉNICAS NA RADIO!!!

O obradoiro de radioteatro nos medios: unha entrevista. A radio do Son invitou o alumnado de Artes Escénicas para que explicaran o proceso de creación e gravación do relato Unha noite de Samaín. Foi toda unha experiencia coñecer unha radio por dentro e contestar a todas as preguntas que lles fixeron. Seguimos A traballar no tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN!!

visita a radio 2

O relato:

 

A entrevista:

A entrevista:

RADIOTEATRO!!!!

Imos dando pasiños no tema interdisciplinar, A COMUNICACIÓN. Ánxela Doval, compañeira de equipo de biblioteca e responsable da materia de Artes Escénicas e o grupo de teatro do centro, recolle para nós esta interesante actividade que puideron disfrutar os nosos alumnos e alumnas grazas á colaboración coa área de Xuventude do Concello:
“Unha vez máis a compañía de teatro Fanfarra de soños estivo no centro para gravar un fragmento de radio teatro. Akira e Rober, os compoñentes da compañía, fixeron que os nove mozos e mozas do grupo de Artes Escénicas viviran unha aventura irrepetible. Foron días de traballo intenso para conseguir crear un relato de medo entre todos. O resultado, Unha noite de Samaín, poderédelo escoitar dentro de moi poucos días na radio do Son. María, Berni, Soraya, Iria, Sergio, Andrea, Sara, Loreto e Érika xa están dicindo: queremos máis!

dav
dav

dav
dav

Radioteatro

De momento só vos podemos deixar o enlace da anterior gravación: