Raúl Soutelo gaña o Manuel Murguía de Ensaio!

Estamos de celebración no equipo de biblioteca. O noso compañeiro Raúl Soutelo, vén de gañar o XI Premio Manuel Murguía coa obra O Son Foto-de-Raul-Soutelo2que coñeceu Ramón Caamaño, xunto co historiador José Manuel Vázquez Lijó, vencellado ao centro e ao noso alumnado polo seu labor á fronte do Museo do Mar. No ensaio afondan na visión que sobre Porto do Son podemos tirar dende o mirar deste fotógrafo de Muxía e abren ao lector unha reflexión sobre os tempos en que a vila e Galicia se abrían ao século XX. Sermos Galiza recollía onte a nova.

Dende aquí dámoslles os parabéns polo recoñecemento ao seu esforzo no eido 9788482887913-frda investigación histórica, que se vén sumar ao que xa recibira no 2003  xunto con M. Núñez Seijas pola obra As cartas do destino sobre o tema da emigración e que podedes ler na nosa biblioteca.

Ficamos á espera da publicación!

 

Exposición, charlas… no centenario das mortes de Cans

Como non podía ser menos, no centro tamén conmemoramos o centenario dos sucesos de Cans. Porque estamos ao lado do lugar do suceso, porque non debemos esquecer o pasado para evitar repetilo, e porque temos que aproveitar calquera ocasión para lembrar sacar de paseo os fondos da biblioteca que iso ocorreu nun momento, primeiro terzo do século XX de gran expansión dos movementos agrarios en Galicia. Desde aquí queremos agradecer ao sonense Xerardo Díaz, que morreu no exilio en 1992, ter publicado Nebra, historia dunha infamia, no que se narran os feitos acontecidos en Cans.

Este verán alguén poñía reiteradamente un cartel na beira da estrada que indicaba a localización da aldea. Reiteradamente, tamén, alguén retiraba o cartel. Nós atopámolo no contedor do lixo e recuperámolo para facer que a memoria permaneza. Nestes días acompaña versos e libros de reivindicación agraria, de loita pola terra e polos dereitos do pobo.

exposicion-cans

 Mañá 12 de outubro, o mestre e estudoso do patrimonio e a historia de Porto do Son, Mariño del Río, dentro dos actos de homenaxe que organizan os familiares e veciños das vítimas da Revolta de Nebra, presentará ás 17:00h o seu libro: Os tráxicos sucesos en Cans (1916). 100 anos de lembranza-. Hoxe estivo na nosa biblioteca co alumnado de 2º de Bacharelato para contarlles como aconteceron eses feitos. Feitos que sitúan a Nebra e a Porto do Son nun papel protagonista nas loitas e reivindicacións agrarias de comezos do século XX, cun canto de fondo, as palabras de Basilio Álvarez e os versos de Ramón Cabanillas. Loitas que en moitos casos remataron en traxedias como a de Cans, e que cantaría o poeta Manuel María:

O sangue do noso pobo

de roxo tinguiu o chan.

¡Povo rexo e valeroso,

de Oseira, Nebra e Sofán!

marino-del-rio-3

O noso compañeiro Raúl Soutelo, un dos organizadores do congreso que o 14 e 15 de outubro terá lugar na Casa de Cultura de Porto do Son, achegou tamén a unha parte do alumnado estes sucesos. Os corredores do instituto transfórmanse son espazos onde mostrar os fondos da biblioteca, son espazos para ensinar e aprender.

raul-cans

unnamed

O 17 de outubro, o alumnado de 1º de ESO, dentro das actividades relacionadas co proxecto sobre a Auga que desenvolverá este curso, fará unha andaina que rematará na ponte de Cans, ante a placa conmemorativa que lembra a Revolta de Nebra. Unha ponte ao pasado. O río do tempo… sobre o que contruír un futuro mellor.