Ana Romaní e Carme Pazos Balado na Real Academia Galega

O 17 de marzo recibiamos unha boa nova: o nomeamento da noiesa Ana Romaní como académica numeraria electa da Real Academia Galega. Desta muller, á que admiramos polo seu traballo no Diario Cultural da RTVG, pola súa calidadade literaria e intelectual, tomamos as palabras na conmemoración do Día da Muller no 8 de marzo. Fixemos nosos os versos do poema “Camiñan descalzas polas rochas”. O sentir da nosa ría ocupa un espazo na RAG. Alegres ademais de que sexa unha voz de muller.

Felices tamén porque o segundo nomeamento da xornada é a elección de Carme Pazos Balado, compañeira de equipo de biblioteca e profesora do departamento de Lingua Galega e Literatura, como académica correspondente. Sabemos da súa valía profesional e somos afortunados porque cada día, dende que chegou ao centro, agasallando co seu sorriso!

Parabéns para as dúas!

Facendo eco das “PALABRAS DO DÍA”

Andamos co tema da Comunicación e o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca decidiron espallar palabras, en concreto as “Palabras do día” que a Real Academia Galega e a Fundación Barrié nos ofrecen cada día no seu Portal das Palabras:

Sin título

Pois nós usamos tamén un “portal”, o taboleiro da porta do IES para sementar palabras que han de medrar!

Sin título

 

Manuel María, Letras Galegas 2016

Pasada a Semana Cultural, xa en maio, entramos no Mes das Letras. Son estes bos días para coñecer a Manuel María, para ler as súas obras, recitar e rapear os seus poemas, ilustralos… Para mostra, as ilustracións e recitados do club de lectura dos máis novos e que estamos a utilizar nas aulas de 1º e 2º de ESO:

Á espera do material elaborado polos centros que integramos a Coordinadora de ENDL do Barbanza, achegámosvos unha selección de recursos coa que poderedes participar nesta celebración, algúns deles tomados da Coordinadora Galega de ENDL.

Por suposto, o telexornal do CPI dos Dices de Rois:

Pincha no retrato de Manuel María para acceder aos recursos didácticos que ofrece a Real Academia Galega:

MMaría

Páxina da Fundación Manuel María. Alí podedes afondar na biografía e na súa obra; aos máis novos gustaravos a unidade didáctica para traballar os poemas de Os soños na gaiola e As rúas do vento ceibe -“O semáforo”, “O señor galo”, “O sol”, “A lúa”, “O arco da vella”, “O soñador”, “O lume novo”, “O muíño” e “O meu burriño”-; audios de poemas musicados de distintas obras…

Unidade didáctica Ferrados de corazón, fanegas de alma para alumando de ESO da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da ASPG, da CIG e da Mesa pola Normalización Lingüística.

Da Biblioteca do IES Sampaio de Tui, Manuel María, poeta do amor:

//e.issuu.com/embed.html#0/33436766

Fina Casalderrey na Real Academia Galega

Fina Casalderrey únese a Xohana Torres, Luz Pozo Garza, Rosario Álvarez e Margarita Ledo, as mulleres da Real Academia Galega. Non se trata só de visibilizar a importancia que a muller está a ter neste ámbito, é tamén falar da Literatura Infantil e Xuvenil en MAIÚSCULAS!

 

 

O 22 de xaneiro, a Asesoría de Bibliorecas Escolares homenaxeaba á autora publicando a nova en Rede Lectura. Cun pouquiño de retraso, unímonos á celebración. Tod@s estamos de noraboa. 

Fiz, coleccionista de medos, A Pomba e o Degolado, Ás de mosca para Anxo, Asústate,  Merche!, O misterio dos fillos de Lúa, Mutacións xenéticas… Que mellor que a súa obra para felicitarnos! Xa somos moitos:

Tamaño mediano:
https://picasaweb.google.com/s/c/bin/slideshow.swf