De ruta con Resistencia

Abril, mes do libro e mes no que tivo lugar a primeira ruta literaria do club de lectura “Fraga de novio”. Partindo da lectura de Resistencia, de Rosa Aneiros, alá fomos tras os pasos de Filipa e Dinís, visitando o pequeno pobo costeiro de San Pedro de Moel e o Pinhal do Rei, imaxinándonos as súas vidas como se fosen reais. Como non, a viaxe tiña como punto central a visita ao antigo cárcere de Peniche, onde agora se ubica o Museu Nacional Resistencia e Liberdade. Lamentablemente, estaba pechado por reformas, polo que nos vemos na obriga de voltar noutra viaxe para ver as testemuñas dos presos políticos que alí estiveron.

Penedo da Saudade, San Pedro de Moel
Museu Nacional Resistencia e Liberdade

Como en Portugal sempre hai cousas que ver, aproveitamos para visitar Nazaré, San Martinho do Porto, Caldas da Rainha, Alcobaça,…e como non, Óbidos, e as súas fantásticas librerías.

Mosteiro de Alcobaça
Livraría do Mercado, Óbidos

A experiencia foi moi boa, compartindo libros e viaxe, así que xa estamos pensando na próxima lectura que nos leve de ruta para o curso que vén.

Advertisement

Resistindo!

“Resistencia” de Rosa Aneiros, foi o tema de conversa da última xuntanza do club de lectura de adultos. Resistiu o amor de Dinís e Filipa aos golpes dunha dictadura, a unha viaxe ultramar, e ao paso dos anos… Nesta novela, Rosa Aneiros fai unha descrición tremendamente poética da vida sinxela das distintas persoaxes e de grandes historias de amor ambientadas na pequena vila de San Pedro de Moel, na costa portuguesa.

Precisamente o noso país veciño, Portugal, tan preto, resulta para moitos un descoñecido, a súa historia, a súa cultura… Este libro transpórtanos aos derradeiros anos da ditadura portuguesa, concretamente ata a Revolución dos cravos en abril do 74, transmitíndonos toda a emoción deste episodio histórico.

Revoluçao dos Cravos, abril de 1974

Resiste tamén, como Dinís e Filipa, o club de lectura “Fraga de Novio” ás ondas pandémicas. E se o soliño acompaña, mellor. A crudeza da escrita de Jesús Carrasco agárdanos dentro dun mes con Llévame a casa.

ANOTACIÓNS PARA LER “RESISTENCIA” NO CLUB

 

 

 

 

 

 

 

 

Os rapaces e rapazas do club de lectura, facendo padal xa para a viaxe a Aveiro, leron Resistencia de Rosa Aneiros (ben, non todos leron, mmmmm). Para achegarnos ao contexto histórico e espazo-temporal da novela, antes, investigamos un pouquiño… Premede na imaxe para consultar a información que recompilaron (este blog está limitando a publicación dalgúns recursos de edición):

Mentres algúns investigabamos, outros gravaron algún fragmento na radio; agardaremos a que teñamos un tempiño para editalo!