Unha Semana Cultural máis. A AUGA, tema transversal do curso, como eixo, como desembocadura á que veñen dar ríos e regatos, valores, orientación académica, enerxía con conciencia vencellada ao proxecto Repsol de consumo responsable, a muller, a arte, a memoria, a saúde… As imaxes falan por si mesmas!!! Outro xeito de acadar obxectivos educativos!
Etiqueta: Semana Cultural
"Be water, my friend", Orientación e Semana Cultural
Despois das avaliacións, vén un tempo de aprendizaxe diferente, o da Semana Cultural. Inaugurouse coa I Xornada de Orientación, na que contamos con exalumnos e o decano da facultade de Bioloxía, Antonio Segura. Foi un pracer ir escoitando os mozos e mozas compartían a súa experiecia académica e laboral co alumnado que agora está na etapa de decidir o seu futuro. Para pechar a tarde, Juan Tarrío, antigo alumno do centro, brillante estudante de Química, e Antonio Segura, impartiron unha interesante charla ás familias e ao alumnado sobre a USC e os servizos que esta ofrece. Aprendizaxe-servizo, aí estamos.
A partir dunha entrevista que se lle fixo a Bruce Lee nunha entrevista, a súa declaración “Be water my friend” fíxose famosa -formou tamén parte dunha campaña publicitaria dunha coñecida marca de automóbiles-. Mais a mensaxe acáenos ben nesta semana cultural: “Libérate das formas, como a auga. (…) A auga pode fluír, ou pode golpear.” “Be water, my friend”.
Agora toca, do 3 ao 7, Auga, deporte, valores, memoria, arte, Maruxa Mallo … Unha Semana Cultural ben completiña!
“Be water, my friend”, Orientación e Semana Cultural

Exploring Calligrams
Seguindo o ronsel do tema traballado no 1º trimestre, as exploracións, o alumnado da nosa compañeira do Departamento de Inglés, Inés Pascual, uniuse á Semana Cultural coa actividade Exploring Caligrams. Quen mellor que ela para contárnolo:
“Year 8 students (gorups A&C) became poets for one day. At first, they thought it was too difficult, but in groups, they managed to create the shape, the lines and the topic that would best represent an explorer of their choice. Some students improved the group work and their poems were on exhibition during the Culture and Arts week at our high school.
There was a vote, and the winners were:
- Number 9 on David Livingstone by Tania Valiño
- Number 2 on James Cook by Valeria Sampedro
- Number 6 on David Livingston by Moisés Cameán
Great job!
Juan Monterroso: arte e patrimonio
De SonCine chéganos un novo vídeo da que foi a nosa Semana Cultural: a charla impartida polo decano da Facultade de Historia da Arte de Santiago de Compostela, Juan Monterroso.
Son trinta e tantos minutos, pero convidámosvos a vela enteira. Con moito acerto, o noso compañeiro David Pérez acompáñaa con información audiovisual que nos permite disfrutala con pleno aproveitamento.
Arte, patrimonio, cultura, identidade…!
Imperiosa necesidade de conservar e valorar o propio, como ben identitario e como ben universal.
Arte e patrimonio. from SonCine on Vimeo.
Comeza a función!!!
Andabamos o curso pasado arredor dos planetas, pendurados da lúa e o sol, viaxando polo espazo seguindo o ronsel dos cometas e botabamos en falta sumarnos á homenaxe a Vidal Bolaño e ao mundo do teatro. Así pois, retomamos o fío, tiramos do adival e recuperámolo para o que queda de curso. Lecturas e proxectos para traer ao alumnado o engado que se agocha na escena, na palabra, nos silencios, no riso e no drama… O teatro da vida! Para ler, para escenificar, para aprender, para formar, para asentar valores, para fuxir da realidade ou achegarse a ela.
Traxes, monicreques, máscaras, cartaces anunciando representacións e libros enchendo os corredore! Os personaxes óllannos tras as máscaras baixo a mirada atenta dunha María Casares e dun Vidal Bolaño habitantes da patria do teatro. E como non, imposible esquecer a voz de Manuel Olveira “Pico” ecoar no centro a carón da dos mozos e mozas que hai xa uns anos rodaron Mar.
Ao material da biblioteca, únese o realizado nas aulas. Mais, sen dúbida, o protagonismo teno o “atrezo” que nos cederon xenerosamente o Centro Dramático Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, imprescincible para compoñer os escenarios e facer voar a nosa imaxinación.
É o marco que ha de acoller lecturas dramatizadas, obradoiros, representacións e charlas con autores na Semana Cultural. Unha FUNCIÓN que comezará o 4 de abril coa Festa da Lectura e a inauguración dunha exposición paralela na Casa de Cultura coas que conmemoraremos o Mes do Libro -actividades de dinamización coordinadas pola nosa biblioteca e nas que colaboran unha boa parte dos centros educativos do concello e a biblioteca municipal-.
Esta multidisplinar “posta en escena” terá o seu peche triunfal no instituto o 11 de abril coas actuacións preparadas polo alumnado!
ÉRGUESE O PANO!!
Comeza a función!
Semana cultural: maio 2013 "EPPUR SI MUOVE"
A astronomía tívonos ocupados ao longo do curso e foi o tema central da Semana Cultural “Eppur si muove”. Roteiros, cine, recitais, charlas… Brillo de cometa para mirar o universo!
http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&pl=as&c=#dfdfdf&p=1836383_635055751586847500
Semana cultural: maio 2013 “EPPUR SI MUOVE”