Este é o vídeo-resumo que montou o noso compañeiro David co seu alumnado de audiovisuais sobre a Semana Cultural: PURO TEATRO!
O noso é puro teatro. from SonCine on Vimeo.
Este é o vídeo-resumo que montou o noso compañeiro David co seu alumnado de audiovisuais sobre a Semana Cultural: PURO TEATRO!
O noso é puro teatro. from SonCine on Vimeo.
Dende SonCine vannos chegando os primeiros vídeos da Semana Cultural. Os primeiros, os das charlas con algúns dos autores lidos, neste caso Rubén Ruibal e Teresa Moure. Nós disfrutamos da súas palabras. Convidámosvos a escoitalos e a lelos:
Rubén Ruibal / Limpeza de sangue. from SonCine on Vimeo.
Teresa Moure from SonCine on Vimeo.
Despois do descansiño merecido da Semana Santa, retomamos o traballo e recompilamos as fotos da Semana Cultural 2014. Como podedes ver houbo de todo: obradoiros, escenificacións, ópera, teatro radiofónico, monicreques, charlas con autores… e moitas lecturas. Algúns nervios, apuros e moito rir. Diso se trataba! De descubrir o teatro. De espallalo. De sementalo.
Aí van!!!!
Con motivo da próxima conmemoración do Día da Muller traballadora, o 8 de marzo, o equipo de biblioteca dá comezo ás actividades arredor do Teatro que desenvolveremos ao longo do que queda de curso e, de xeito especial, na Semana Cultural que
terá lugar do 9 ao 13 de abril. Sendo o noso un equipo maioritariamente feminino, pareceunos necesario comezar lembrando á muller que dá nome aos premios que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galiza, os Premios María Casares. Con este motivo preparamos unha exposición que mostramos no centro. No proceso de investigación puidemos coñecer unha muller excepcional, libre e loitadora. Da súa man fomos tirando do fío das Teatreiras Galegas que protagonizan a escena actual. Ao tempo que poñemos en valor o seu labor, estamos tamén a homenaxear o traballo da muller. A continuación, nun libro dixital, podedes ver o material que elaboramos. Paga a pena coñecer a vida que se agocha tras esta mirada:
A miña patria é o teatro
Escoita a súa voz e unha entrevista dende Bos Aires
//e.issuu.com/embed.html#1399044/7008344
Da nosa compañeira de equipo e experta en teatro, Ánxela Doval, chéganos esta reseña sobre a obra de Rubén Ruibal galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais no 2005 e o Premio Nacional de Literatura Dramática, concedido por el Ministerio de Cultura no 2007:
Sempre que volvo a revisar Limpeza de sangue teñoa mesma sensación: paréceme que estou a ler un guión dunha película. As escenas son moi breves, as acoutacións son extremadamente precisas e os sucesos están encadeados con tanta sutileza que tes que ler con moita atención se non queres perderte nada. A obra trata de dous enfermos, Pantaleón e Fernando, que coinciden na sala de diálise dun hospital agardando os seus respectivos trasplantes e, forzados por las circunstancias, xorde unha profunda amizade entre eles. Pertencen a mundos absolutamente opostos, un é un arquitecto culto e refinado e o outro un ex-heroinómano dos arrabaldos da cidade, pero pouco e pouco imos descubrindo que ademais da súa enfermidade teñen en común tamén as súas actividades nos límites da ilegalidade o que lle serve ao autor para destacar a parte máis ruín e corrupta da nosa sociedade. Dirixe a súa crítica á pouca sensibilidade que demostran os profesionais sanitarios, á crueldade e corrupción que existe na policía, o poder de que gozan as grandes empresas inmobiliarias, entre outros temas. Toda a obra desenvólvese nun espazo urbano terriblemente hostil cheo de personaxes perversos e os únicos que se salvan desa mesquindade son os dous protagonistas e mais a muller dun deles, que son tratados polo autor cun enorme cariño e sensibilidade.
Anímovos a que leades Limpeza de sangue, máis que teatro sentiredes que estades a ler unha novela.
Miércoles, 25 de mayo de 2011,
Antes de nada, debemos comentar nuestra primera experiencia con el teatro en la noche de ayer. Nos juntamos en tres grupos: música, interpretación y danza, y dimos nuestros primeros pasos para lo que será nuestro estrellato el próximo viernes noche en el Casino de la Amistad, interpretando la obra Looking for Antonio Machado, en la que compartiremos escena con actores tan reconocidos como Fernando Escudero (Física y Química).
Empezamos con un día caluroso y lleno de pueblos por visitar. Muchos quilómetros por recorrer y lugares que conocer. La ruta de hoy se denomina como “La Castilla del Cid”.
El primer lugar que visitamos fue Berlanga del Duero. En esta ciudad medieval hemos visto como las culturas cristiana, musulmana y judía convivían antiguamente, aunque hoy en día es un pueblo con una sola cultura, la cristiana. Lo que destaca de la ciudad es el castillo de Gormaz, la Colegiata y la Plaza Mayor.
Más tarde fuimos a Burgo de Osma, donde vimos la catedral gótica y luego comimos en un colegio.
Por la tarde paseamos por los Cañones del río Lobos y vimos aves rapaces, como buitres. Allí, además, pudimos ver la Ermita de San Bartolomé, que estaba al lado de una cueva a la que entramos y sacamos fotos.
Volvimos hacia Soria a las seis de la tarde, pero no llegamos a la residencia hasta las siete y ahora estamos descansando un ratito que nos hace falta después de tanto traqueteo.
Asistimos no Salón Teatro de Santiago de Compostela á obra Glass City.
Viaxe a Compostela/Teatro do Noroeste from SonCine on Vimeo.