VI Xornadas de Bibliotecas Escolares: Biblioteca Escolar, base de exploracións

cartel_def_15_petit2_0Tres profesoras do equipo de biblioteca asisitimos esta fin de semana ás intensas pero interesantes VI Xornadas de Bibliotecas escolares. Alí, o sempre entusiasta biólogo Xurxo Mariño levounos á ciencia nunha “viaxe arredor do mundo” chea de aventuras e sorpresas; descubrimos a Carlos Magro, quen reflexionou sobre o papel das bibliotecas escolares no momento de transformación que se está a vivir -a presentación foi un exemplo de bo facer, a comunicación da man dun deseño impecable-; escoitamos os consellos para nós imprescindibles de Rosa Piquín, Guadalupe Jover, e de compañeiros e compañeiras das nosas bibliotecas – Luz Paramio lévanos a aqueles momentos en que botamos a andar o noso proxecto hai xa sete anos!-; para pechar, á tardiña do sábado, cando o cansanzo ía xa asomando, Ana Siro, arxentina especialista en álbums ilustrados e literatura infantil e xuvenil, mantívonos un sorriso no semblante durante toda a súa intervención, sorriso que comezou abrindo con este vídeo que agora comparto con vós:

Se vos apetece, podedes consultar o material -charlas, presentacións,…- que dende BE comparten sobre as Xornadas pinchando no espazo redebe