Premio no II Certame Cartas pola Solidaridade e a Igualdade

O 23 de abril, Día do Libro, Suso Montero, alumno de 2º de bacharelato, recibiu no Concello o premio pola súa participación no II Certame Cartas pola Solidariedade e a Igualdade. Dende o blog da biblioteca queremos felicitalo: parabéns!!!!  Grazas tamén ao alumnado que participou coas súas reflexións sobre a realidade social que vivimos. Iniciativas coma esta son necesarias para formar espírito crítico e enxergar un futuro máis solidario e igualitario. Por certo, o agasallo convida á lectura: un libro electrónico!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA