Guía de Nadal para ler no 2021!

Ben difícil este 2020… Terceira semana de decembro. Chegamos ao Nadal traballando nos centros, cunha Covid-19 que practicamente non asexou polo IES de Porto do Son. Con portas e ventás abertas, iso si, mais estamos todas e todos. O frío e as correntes que arredan o virus lévanse mellor coa proximidade, aínda que sexa de metro e medio e a través dunha máscara de protección.

Dende o equipo de biblioteca facémosvos chegar os nosos mellores desexos e, como non, recomendacións de lecturas para estes días que han de ser sosegados… Imos con seguridade e ánimo ao 2021! Saúde!

https://www.facebook.com/biblioteca.iesportodoson/