Falando de “O segredo da casa de Formoso” con Héctor Cajaraville

Esta mañá o alumnado de 3º de ESO puido charlar con Héctor Cajaraville sobre a  obra O segredo da casa de Formoso, publicada na editorial Oqueleo. Recén homenaxeado por segunda vez nos Premios Xerais, o autor explicou como chegou á escritura, que o levou dende o xornalismo á creación de novelas para o público adulto e xuvenil ou o que supuxo para el gañar por primeira vez o Premio Xerais con De remate. Contounos tamén dos temas que lle interesan e das motivacións que deron lugar a esta novela que os mozos e mozas traballaron na materia de Lingua Galega e que desenvolve principalmente tres temas: o amor, a memoria e a emigración. A sostibilidade, o tema deste curso, está presente nesta novela de agradable lectura. Convidámosvos a lela!! Non vos vai defraudar!

Podedes pasar pola biblioteca para ler os seus libros! Pronto o veremos no club de adultos e, quen sabe, quizais tamén por Onda Perseveira!