Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Hoxe ao mediodía tiñamos unha quedada con Carlos Negro para falar de poesía e para facer poesía.

P1030394

 

Os alumnos e alumnas dos dous clubs de lectura puidemos reflexionar con el sobre o que a poesía nos aporta, doce e escura como o chocolate, atrevida, triste, crítica, lúdica… A vida mesma recollida nela.

P1030399

O escritor leunos poemas que provocaron sorrisos, que provocaron silencios. Descubrimos que os versos poden tamén encher as paredes, como estes de Neorrabioso:

neorrabioso 032

255dc9f2ae450d0b2a12adc125c50a27

tapainteriordelanterarecorte

E precisamente o que Carlos nos pediu foi que creásemos versos cos que encher carulinas brancas. Ese pouso da palabra vai ficando. Este mes leremos poesía!

P1030431

P1030420

 

P1030460

 

 

 

 

 

 

P1030440

P1030397