Setembro

Cando remata o verán, comeza o curso, e con el a nova tempada do club de lectura Fraga de novio. Neste mes de setembro adoitamos facer a primeira xuntanza, a de acollida, ben para reencontrarnos cos habituais compañeiros de lecturas ou ben, como foi nesta ocasión, para coñecer novas caras que nos van acompañar nesta tempada. Nesta primeira xuntanza fixemos un repasiño das lecturas de verán de cada un de nos, pois sempre se descubre algo interesante.

E para comezar, imos ler o libro de Tatiana Tîbuleac El verano que mi madre tuvo los ojos verdes, unha novela dura pero ao mesmo tempo adictiva.

A BIBLIOTECA COA RUTA DA AUGA

O luns, nun día soleado, o alumnado do ciclo guiou os 80 rapaces e rapazas de 1º de ESO na Ruta da Auga dende o IES ata Cans! Xa van tres xeracións que saen do centro para este entorno transformado en aula.

O plan de acollida, convivencia, proxectos… Entrade nos roteiros da páxina do centro para velos!

 

A biblio, sempre na organización destas iniciativas a carón da vicedirección e o profesorado, saca ao corredor as tarefas que fixeron os alumnos e alumnas do curso pasado sobre este roteiro e achega os fondos que puidesen ser de interese para traballala neste curso: libros sobre o Concello, dicionarios, guías de plantas, árbores e animais, material sobre a auga… Continuamos co tema da Sostibilidade!!! Comezamos unha nova andaina na Ruta da Auga!

 

Recibindo o alumnado do curso 2018-19!

Onte recibimos o que será o noso alumnado de 1º de ESO no curso que vén. Algúns deles estarán no club de lectura, participarán nos concursos, nos xogos de pistas…; todos eles virán á biblioteca a ler, investigar e  aprender. Os mozos e mozas que agora cursan 1º de ESO foron os encargados de contarlles que facemos na biblio; quen mellor ca eles!