Lambda, matemáticas no Mes da Ciencia en Galego

Hoxe traemos unha moi boa nova!!! Macías,  compañeiro do departamento de Matemáticas e colaborador do equipo de vén de publicar o primeiro número de Lambda, “revista sobre matemáticas creativas e curiosidades”. Que mellor forma de celebrar o Mes da Ciencia en Galego! Unímonos así á conmemoración do 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Dende Igaciencia propoñen este ano lembrar as viaxes científicas de Darwin e as que fixo Domingo Fontán para crear a súa Carta Xeométrica, primeiro mapa moderno de Galicia. Podedes descargala tamén polo código QR.

Dende a biblio, acompañamos cun punto de interese científico e animaremos ao alumnado a escribir relatos matemáticos inspirados en Lambda.

Lambda 1 by Revista Lambda on Scribd

https://www.scribd.com/embeds/364609102/content?start_page=1&view_mode=scroll&access_key=key-UuaVTBhErpwEqGWGSAAZ&show_recommendations=true

dav
dav
dav
dav

 

Robótica dende a CGDNL na Semana Cultural

Na Semana Cultural da Ciencia e a Ficción,  Normalización e Biblioteca unímonos á Coordinadora Galega de Dinamización e Normalización Lingüística na celebración do Día da Ciencia en Galego para reivindicar o emprego do galego como lingua vehicular nas materias do ámbito científico. Nesta ocasión, Susana Oubiña Falcón, profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora no ámbito da electrónica e a enxeñaría telemática, introduciunos na robótica. Mediante o software  Scratch 2.0, foi creando ante o alumnado de 1º de ESO unha Arpa Leap Motioninstrumento que se podería tocar só con mover os dedos no aire!

Robótica

A coordinadora compartiu o vídeo da conferencia:

IV Día da Ciencia en Galego

Andamos tamén este ano a voltas coa astronomía no centro á par do Comenius. Neste marco, un ano máis, a biblioteca volve espazo interdisciplinar no que acoller estas iniciativas. O noso compañeiro Francisco Mariño fainos chegar a reseña da xornada:

 

Día da Ciencia“O Departamento de Física e Química levou a cabo o día 12 de outubro, dentro das actividades organizadas pola CGENDL para conmemorar o IV Día da Ciencia en Galego, unha videoconferencia na biblioteca do IES de Porto do Son. Esta conferencia foi seguida aproximadamente por uns 100 centros educativos e uns 5.500 alumnos galegos; no noso centro participaron arredor de 80 alumnos de 4º E.S.O e de 1º de bacharelato de ciencias.

 O relator da conferencia foi o profesor e catedrático de electromagnetismo na facultade de física da USAC Jorge Mira Pérez, coñecido tamén polas súas múltiples achegas á divulgación científica e as súas colaboracións en diferentes programas de prensa, radio e televisión.

 Dun xeito ameno, pero non por iso sen rigor científico, o profesor Jorge Mira fixo unha descrición das primeiras medidas astronómicas realizadas polos pensadores gregos. Así, dende a primeira medida da lonxitude terrestre realizada por Eratóstenes de Cirene (276 a.C)  no ano 240 a. C. con tan só observar e medir a sombra dunha pequena estaca, ata os cálculos que realizaron Aristarco de Samos (310 a.C) e máis tarde Hiparco de Nicea (190 a.C) e que lles permitiron calcular a distancia da Terra á Lúa e o tamaño desta.

 Finalmente, todos os alumnos tiveron a ocasión de participar nun chat co profesor Jorge Mira onde este respondeu a multitude de dúbidas e curiosidades que lles foron realizadas polos alumnos dos diferentes centros participantes na actividade.”

ciencia