Botar a Lingua, ensinar a Lingua no Día das Letras Galegas con Serafín Marcos, Tropa de Trapo e as Cunqueiradas

“Quen vai falar a miña lingua se non a falo eu?”.

Estas foron das primeiras palabras que Seranfín Marcos nos ofreceu na actuación á que asistiu o alumnado de 1º de ESO  con outros centros do concello na Casa da Cultura. Fiando metáforas visuais e sons da guitarra, celebramos con el o Día das Letras Galegas. Mesmo nos silencios aprendemos a escoitar os versos e as palabras de Agustín Agra, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro… Agasallounos con poemas tan fermosos como “O piano” de Antón Avilés de Cantos Caucanos.

P1030474

Ao rematar, rapaces e rapazas premiados no Concurso do Día das Letras Galegas recibiron os agasallos polos seus textos literarios. Do instituto foron galardoados os relatos das alumnas Anahí González Mayán de 1º de ESO e Sheila Ares e María Santiago de 4º de ESO. Parabéns!!!

P1030485

P1030486

 

Ao rematar a mañá,  Tropa de Trapo veu da man da área de Servizos Socias do Concello. Con voces amainadas e sons plurais, como teñen feito noutras ocasións, Brais e Marta contaron para o alumnado de 2º de ESO. Contar para facer pensar.

DSC09554

Ao mesmo tempo, os mozos e mozas de 4º de ESO A, contaban “Cunqueiradas” na Sala Perseveira. A cadea dos contos contados, das nosas voces de noso enchendo a xornada!

P1030495

 

Mes do libro celebrando o teatro

 No IES de Porto do Son vimos celebrando o Mes do Libro dende a primeira semana de abril. O 4 celebramos a Festa da Lectura cos centros da zona que colaboran nas actividades de promoción da lectura e inauguramos a exposición sobre teatro na Casa de Cultura do Concello. Do bo facer de Tropa de Trapo, que deu paso ás intervencións dos coles, gardamos un bo consello, un refrán da África Central, concretamente do Congo: “o río énchese de regatos pequenos”.

Foi unha prolongación dos proxectos arredor deste xénero que vimos desenvolvendo no centro e que se concretaron na Semana Cultural celebrada do 7 ao 11 deste mes, da que pronto vos faremos chegar as imaxes.

Mañá, Día do Libro, repartiremos nas aulas a Guía de Lectura e o alumnado de 2º de de ESO visitará a mostra da Casa da Cultura.

 Nesta presentación recollemos a Festa e a Mostra:

http://www.authorstream.com/player.swf?fb=0&nb=1&ap=0&c=dfdfdf&pl=as&p=2122266_635327926655251250&fi=1

More PowerPoint presentations from etikeles

A hora azul: obradoiro de contos

Na “Hora azul”, Marta e Brais, Tropa de trapo,  ofreceron aos membros do club de lectura e a un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO, un tempo para escoitar e para contar: unha canción para Leila, a que sempre cumpría as súas promesas e buscou ao seu amor nas areas do deserto;  o Ramón de Chan de Brito asombrado coas “cousas” novas das que falaba o papá cando viña de Vigho, tanto como para chiscar os ollos e levar as imaxes dereitiñas ao corazón; a muller de máis idade, a  máis sabia,  a decidir sobre as razóns do mozo  Mohamed e o  avarento comerciante. Contos árabes, africanos, galegos,… acompañados polo laúde árabe, o caixón, a darbouka, a KarKaba e a guitarra portuguesa.

Aprendéronnos  a mirar aos ollos, a contar e escoitar para que, cando menos, unha parte do  ouvido sexa noso, para que permaneza en nós.

A actividade desenvolveuse dende o club de lectura e o club da lingua. A interculturalidade, a universalidade,  para atopármonos, para expresármonos “orgullosos do noso”.